Nota de prensa:
PNL en Comisión de Manuel Parga Núñez e Alfredo Suárez Canal
Cuestionarse hoxe en día a viabilidade de 316 concellos nunha Galiza en despoboación é imprescindible. A caída de ingresos directamente relacionada coa contracción do consumo e a actividade económica fan dos concellos entidades en déficit permanente e en ocasións ao borde da quebra orzamentaria.
Garantir á súa viabilidade non é cuestión de garantir somentes soldos de persoal público e institucional ou de manter servizos públicos básicos como a auga, o saneamento ou o alumeado; é garantir moitos outros servizos que teñen que levar adiante os concellos e para os que necesitan maiores recursos para afrontalos.
Existen estudos que cifran en 5.000 veciños o censo mínimo para que os concellos sexan viables desde o punto de vista político, social e incluso económico.
O Val do Ouro é un entorno xeográfico e demográfico claramente delimitado e presenta unha realidade única para todo o seu territorio. A vida social de O Valadouro e Alfoz, concellos que forman o Val do Ouro, é unha vida en común e fortemente vinculada.
O principal problema que teñen é a progresiva perda de poboación e que nos últimos años viron rebaixado o seu orzamento ata mínimos que poden impedir garantir o mantemento dos servizos e moito máis aumentalos.
En breve os dous concellos baixarán de 2000 habitantes e consecuentemente descenderán de categoría o que suporá un importante descenso nos ingresos de ambos concellos. Alfoz na actualidade ten un censo de 2031 habitantes, co actual ritmo de perda de poboación en breve baixará de categoría, e O Valadouro na actualidade ten 2163, polo cal se atopan na mesma situación, e ambos para a vindeira lexislatura posuirán unha categoría inferior a actual.
Para fusionar os concellos de Alfoz e O Valadouro existen claros motivos de necesidade e conveniencia económica e social, así como grandes consideracións de orde xeográfico e demográfico, igualmente do proceso de fusión derivaranse importantes vantaxes para ambos concellos.
Hai un elevado consenso social e político a favor desta fusión. Moitas das asociacións que se crean actualmente usan como ámbito de funcionamento ambos concellos, igualmente a gran parte das existentes funcionan indistintamente con persoas con indiferencia do concello no que están empadroadas, mostra da vida social conxunta no Val do Ouro.
Tan só os alcaldes destes concellos se amosan contrarios á fusión. Unha negativa que parece obedecer máis a pequenos e curtopracistas intereses partidistas que a defender o interese xeral dos cidadáns. Cada vez xestionan menos recursos, teñen moi poucas posibilidades dunha acción política relevante e cada vez teñen máis dificultades para prestar os servizos que teñen encomendados.
Non ten sentido continuar a duplicar servizos que é sinónimo de duplicar gastos. É totalmente ineficaz xestionar a mesma realidade de forma independente.
A fusión é unha oportunidade para manter e aumentar servizos e dotacións que impulsen o tecido económico e social e frenen o constante retroceso demográfico
Por todo o exposto o GP do BNG insta á Xunta de Galiza a:
Impulsar o proceso de fusión entre os concellos de Alfoz e O Valadouro, concellos que forman a comarca natural do Val do Ouro.


















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



