Nota de prensa
O PP burelés organiza un cocido para o vindeiro sábado día 11.
Poden asistir afiliados e simpatizantes.
Burela, a 6 de xaneiro de 2012.- O Partido Popular de Burela organiza para o vindeiro sábado día 11 do presente mes de febreiro un cocido, con motivo das festas do Entroido, cocido que xa é habitual dentro das actuacións que leva a cabo o PP burelés.
Para asistir a este cocido, ó que poden asistir afiliados e simpatizantes, é preciso apuntarse chamando ó 982 585 994, en horario de once da mañán a unha do mediodía, ou avisando a calquera persoa do comité local do partido, en todo caso como mui tarde pasado mañán, mércores.