Nota de prensa
MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR PARA A
PROMOCION DO EMPREGO E APOIO A CREACION E CONSOLIDACION DE NOVAS EMPRESAS NO CONCELLO DE RIBADEO
Mª del Campo López Braña Freije, Concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Ribadeo, en nome e representación do mesmo e ó abeiro do establecido nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais presenta ante o Pleno da Corporación Municipal esta MOCIÓN, con base nos motivos e consideracións desenvolvidos na seguinte:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
É un feito incontestable que o Concello de Ribadeo non está ao marxe da actual coxuntura socioeconómica pola que esta a pasar o país no seu conxunto, no que a gravidade da crise económica esta a provocar que un dia tras outro se estean a pechar empresas e a destruir postos de emprego, o que trae como consecuencia que unha grande parte das economías familiares da nosa Vila estean fondamente feridas.
Neste contexto cumpre recordar que segundo o artigo 35 da Constitución do 78, os Poderes públicos teñen a obriga de garantir o dereito de todos os españois ao traballo, ao que ademáis de ter dereito teñen deber, e por outra banda, tamén é obriga deses mesmos poderes públicos promover as condicións favorables para acadar o progreso social e económico, estando especialmente, obrigados, segundo artigo 40 da norma fundamental, a realizar unha politica orientada ao emprego.
Ante estas premisas é sendo conscentes de que a loita contra o desemprego, o apoio a creación de novos postos de traballo e ao establecemento de novas empresas é a mellor política social que se pode desenvolver dende o Concello é que que os Concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular instamos ao Alcalde e ao seu equipo de Goberno asi como ao resto de Grupos Municipales para impulsar dende o Concello a adopción das decisións e actuacións precisas que permitan a posta en funcionamento dos instrumentos necesarios para acadar os seguintes OBXETIVOS:
Dinamizar o mercado laboral no municipio, fomentando a consolidación do tecido empresarial, proxectando a Ribadeo cara ao exterior como lugar turístico de interese e atractivo para a iniciativa empresarial.
Facilitar aos desempregados o acceso a un emprego estable, de calidade, en igualdade de condicións, seguro e ben remunerado
Apoiar a figura do emprendedor e o mantemento das iniciativas emprendedoras como forma de creación de emprego.
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.
Fomento das políticas de igualdade no emprego entre homes e mulleres
Impulsar a inserción laboral de colectivos con maiores dificultades para atopar emprego.
Fomentar a participación dos actores locais no diseño, desenvolvemento e execucion de políticas municipais orientadas á creación e mellora do emprego no Concello.
Fomentar a economía
Facer converxer a formación e a orientación para o emprego coas necesidades das empresas
Acadar unha mellor e maís racional utilización do traballo disponible e aumentar a ocupabilidade dos desempregados
Mellorar a estabilidade e a calidad do emprego e o aproveitamento dos recursos humáns
E para acadar éstes obxetivos é que dende o GRUPO MUNICIPAL DO PP sometemos a consideración do Pleno da Corporación a aprobación do seguinte ACORDO:
Instar do Alcalde e o equipo de Goberno a adopción e o impulso das decisións e medidas necesarias e a execución daquelas actuacións e xestións que permitan:
Impulsar a creación dunha MESA SECTORIAL SOBRE O EMPREGO na que coa participación de partidos políticos, axentes sociais, económicos, asociacións e colectivos de veciños da Vila… funcione como obsevatorio permanente do mercado de traballo e contribúa ao deseño, execución e avaliación dun PLAN DE EMPREGO PARA O CONCELLO DE RIBADEO.
Impulsar a creación dun CENTRO DE INFORMACIÓN E ORIENTACIÓN EMPRESARIAL que desenvolva funcións de asesoramento e promoción dos/das emprendedores/as (SAE) e ao tempo sirva de centro de recursos de coñecemento do mercado laboral.
APOIAR A COOPERACION EMPRESARIAL. a través da divulgación entre o tecido empresarial da iniciativa REDE MENTORING, Rede galega de esperiencia para a mellora das empresas, que se presenta como unha unidade de xestión independente xestionada por BIC GALICIA (Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia), que a súa vez é un organismo dependente da Consellería de Economía e Industria, que ten por obxeto fomentar o espíritu emprendedor, apoiar a creación de empresas, dotar aos futuros empresarios dos coñecementos e habilidades necesarias para xestionar a súa empresa e apoiar a consolidación e innovación no tecido empresarial galego.
Esta Rede galega de empresarios mentores configurase como un novo instrumento de apoio á creación, consolidación e crecemento das empresas galegas a través dun proceso estruturado no que se comparte coñecemento entre empresarios, de xeito que algún membro dunha empresa con máis experiencia (ou mentor/a) ensina, aconsella, guía e axuda a outra persoa (ou mentorizado/a) no desenvolvemento da súa empresa, investindo tempo, enerxía e coñecementos, e todo elo de xeito altruista.
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.
Posta en funcionamento do POLIGONO INDUSTRIAL e apoio a aquelas empresas que están interesadas en establecerse nel.
APOIAR A CREACION DE NOVAS EMPRESAS mediante a bonificación de ata un 50% nas tasas municipais de Declaración de Responsabilidade, e nas tasas por obras para remodelación, ampliación ou reforma de locais de negocio.
APOIAR OS PROXECTOS BASEADOS NO COOPERATIVISMO, como tipo de empresas cunha fórmula empresarial moi interesante para o desenvolvemento local e para a prestación de servizos de natureza social, sendo ademáis unhas iniciativas empresariais para as que a Xunta de Galicia dispón de axudas económicas específicas a través da liña do “fomento e consolidación das asociacións cooperativas”.
Impulsar o desenvolvemento dun convenio cos centros educativos do Concello para celebrar un CONCURSO DE IDEAS/ PROXECTOS EMPRESARIAIS entre o colectivo de estudantes de secundaria dotado económicamente cunha bolsa de estudos.
Impulsar o desenvolvemento de PROGRAMAS DE FORMACIÓN LABORAL (cursos, charlas, seminarios, escolas obradoiros….) dirixidos aos colectivos con especiales dificultades de integración no eido laboral, mozos, mulleres, parados de longa duración, maiores de 45anos e con escasa formación…
Impulsar o desenvolvemeto de funcións de intermediación laboral mediante a creación dunha BOLSA DE TRABALLO E APOIO A BÚSQUEDA DE EMPREGO en colaboración coa Oficina Local de Emprego.
Impulsar a creación dun BANCO DE TEMPO, orientado a facilitar compatibilización da vida laboral e familiar.



















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



