Despois da grata resposta recibida pola xuventude ribadense, a plataforma creativa Sonda Norte xa foi máis aló dunha idea e conta agora cunha identidade visual e moitos proxectos a desenvolver. Co motivo de dar a coñecer esta mesma identidade e a programación que se levará a cabo nos próximos meses, o sábado, día 4 de febreiro, terá lugar unha presentación á que acudirán diferentes membros do colectivo. O encontro será ás 12 da mañá na Casa da Xuventude, e estará amenizado pola formación musical Zora Gabbara, composta polos ribadenses Miguel Fernández e Héctor Peña
Presentación de Sonda Norte en Ribadeo