Nota de prensa
Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside e no seu nome o seu portavoz Jaime Cancio Rodríguez
EXPÓN:
Que unha das medidas aprobadas na lei 57/2003 de modernización do goberno local é a de establecemento de un órgano para a participación dos veciños e a defensa dos seus dereitos.
A mencionada lei prevé a necesidade de que a defensa dos dereitos dos veciños se faga mediante a creación dunha COMISIÓN DE SUXERENCIAS E RECLAMACIÓNS, na que teñan representados todos os grupos municipais da Corporación.
Por todo o exposto .É polo que
Presentamos a seguinte proposta de MOCIÓN a Corporación Municipal :
-Acordo da Corporación Municipal para a creación dunha COMISIÓN ESPECIAL DE SUXERENCIAS E RECLAMACIÓNS .