Nota de prensa
Deputación e Fervenza de Sargadelos celebran este sábado en Cervo a IV edición da Festa da Faba
– Lara Méndez e Ramiro Chaves presentaron hoxe no Pazo de San Marcos a cita gastronómica na que se repartirán racións de fabada, pan e viño a un prezo de 5 euros
– Tendo en conta que o número de participantes vai en aumento cada ano e que en convocatorias anteriores vendéronse 300 racións, este colectivo conta xa 50 quilos de fabas
– A Vicepresidente avanzou que co fin de contribuir a desastacionalización o turismo e xerar riqueza na Mariña a institución reeditará na zona actividades como Surf-Camp e Lugoteando
A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e o Vicepresidente da asociación Fervenza de Sargadelos, Ramiro Chaves, presentaron este xoves no Salón de Actos do Pazo de San Marcos a IV edición da Festa da Faba, a cita gastronómica que Deputación e dito colectivo celebran este sábado na praza do Souto de Cervo. Méndez destacou o dobre obxectivo deste evento, que busca, por una lado, dinamizar o municipio cervence cunha iniciativa máis alá do verán, é dicir, desestacionalizando o turismo e potenciando a actividade comercial e hostaleira da zona, ademais de contribuir á vindeira organización da Romaría de Sargadelos.
E é que este evento xurdiu hai 4 anos, precisamente, cando tamén se creou a Fervenza, asociación que se financia, exclusivamente, das axudas de institucións como a Deputación, e que se constituíu, fundamentalmente, para organizar a tradicional festa de Sargadelos en honra o apóstol Santiago que ten lugar os días 24 e 25 de xullo, no contorno da antiga fábrica, reunindo a un cento de persoas, e sendo un dos festexos de referencia na Comarca durante a época estival. Por este motivo, o sábado, poránse á venda, a un prezo de tan só 5 euros, fabada, acompañada de pan e viño. Noutras convocatorias, chegáronse a repartir ata 300 racións. E por elo, e tendo en conta que o número de participantes vai en aumento todos os anos, este colectivo conta xa con 50 quilos desta legume. A xornada, que arrancará ás 19:30 horas, estará amenizada polo trio viveirense Vivario.
Apoios ás asociacións
A Vicepresidente destacou, ademais, a colaboración do organismo provincial coas asociacións da provincia, “outra forma de cooperar coa economía dos Concellos que, aínda que supuña un esforzo inversor para a Deputación, mantivemos esta liña de axudas no 2012, achegando, só para a celebración de citas gastronómicas como esta de Cervo, a do berberecho de Foz, a empanada de Chandada, a do grelo de Abadín….., e mediante o plan de subvencións do Inludes, 100.000 euros. No caso da Mariña, a institución celebra a mairoes, e non nos meses de verán, Lugoteando ou Surf-Camp, actividades que Méndez anunciou a súa reedición para este ano co fin de xerar de riqueza, aproveitando os recuros naturais da Costa luguesa e colaborando, para a súa organización, con empresas da zona.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



