Nota de prensa
GONZÁLEZ BARCIA AGRADECE ÓS AUTOCARAVANISTAS “A CELEBRACIÓN DO QUINTO ANIVERSARIO DA ÁREA DE AUTORCARAVANAS”. O ALCALDE BURELÉS ANIMOU AOS MEMBROS DE AGA A VISITAR BURELA. MANUEL GIL AFIRMOU QUE “ESTE CONCELLO SEMPRE NOS RECIBIU COS BRAZOS ABERTOS”.
Burela, 17 de marzo de 2012. Na mañá de hoxe, sábado, tivo lugar a asamblea xeral ordinaria de AGA, Asociación Galega de Autocaravanistas, na Casa da Cultura de Burela, aproveitando a concentración de autocaravanas que se leva a cabo esta fin de semana para celebrar o quinto aniversario da área de autocaravanas, ubicada no parque do Campón, e que fora inaugurada no seu día polo alcalde, José María González Barcia.
Os autocaravanistas foron recibidos na Casa da Cultura polo alcalde, José María González Barcia, e pola concelleira de Turismo, Mónica Pedre. O presidente de AGA, Manuel Gil, tivo palabras de agradecemento para o Concello, porque “o Concello de Burela sempre nos tratou ben, a área de Burela foi das primeiras que se abriu na provincia de Lugo, e o fin de semana da súa inauguración o Concello burelés tivo un trato exquisito con nós. Agardamos seguir mantendo estre grado de colaboración”.
Pola súa banda, González Barcia quixo agradecerlle aos presentes “a deferencia de volver a Burela co fin de celebrar o quinto aniversario da área de autocaravanas. Aqueles días foron moi emotivos e significativos, polo que agardo que esta fin de semana tamén o sexa”. O alcalde burelés recoñeceu “o pulo que a presenza de autocaravanistas en Burela significa para certos sectores da economía local, e a divulgación que se lle dá ao concello, polo que vos animo a que sigades visitando Burela, vila que sabe acoller con cariño aos visitantes”.
Esta tarde estaba previsto que os autocaravanistas poidan visitar o Barco Museo Reina del Carmen, e mañá, domingo, ás doce, haberá unha rota a pé desde o porto hasta a praia de A Marosa, para coñecer o relevo costeiro burelés e as súas principias características.























Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



