O ALCALDE ENGANA OS VECIÑOS DE BURELA SOBRE AS FACTURAS DO ANO 2011
E O PLAN DE AXUSTE QUE PRESENTA
Á vista das últimas declaracións do Alcalde de Burela sobre o tema das facturas sen
pagar do ano 2011 e o Plan de Axuste que se elaborou para acollerse ao Real Decreto 4/2012,
dende o Bloque Nacionalista Galego queremos facer as seguintes puntualizacións para
informar convenientemente os veciños e veciñas de Burela e desmontar as mentiras que sobre
o tema dixo o Alcalde.
En primeiro lugar, sobre o tema das facturas:
‐
Creo que o sr. Alcalde debería revisar os números totais porque detectamos varios
erros na cuantificación das facturas e o montante total diminúe substancialmente con
respecto ás cifras que el apuntou.
‐
Minte o Alcalde cando di que non hai facturas correspondentes ao anterior goberno
municipal do PP e el sábeo: máis de 150.000 euros do ano 2007 que corresponden á
súa anterior etapa de xestión como Alcalde.
‐
Minte cando di que esas facturas do ano 2011 se deben ao anterior goberno municipal
porque máis da metade das que presentan para poder acollerse ao RD do Goberno do
Estado son de data bastante posterior ao cambio de corporación municipal e polo
tanto son responsabilidade da súa xestión e do seu equipo de goberno.
‐
Pero o PP de Burela xa está afeito a non pagar porque xa no ano 2006 (cando o sr.
Barcia era Alcalde e os Concellos aínda atravesan épocas de bonanza económica), a 31
de decembro había máis de 2 millóns de euros sen pagar. Se, segundo el, a culpa do
millón de euros que hai sen pagar agora é da mala xestión do anterior goberno
municipal, que podemos dicir da súa xestión de 2006 cando tiña sen pagar a final de
ano o dobre de agora?
‐
Outro tema importante sobre esta relación de facturas sen pagar do ano 2011 é que
hai subvencións cobradas xa o ano pasado polo Concello para certas obras ou servizos
e, sen embargo, os proveedores que fixeron eses traballos aínda non cobraron e as
súas facturas van na relación presentada para acollerse despois ao Plan de Axuste.
‐
E, xa por último, sobre este tema das facturas é curioso comprobar como hai
proveedores “castigados” que aínda non cobraron e outros “amigos” que, sen
embargo, teñen todo cobrado e non aparecen na lista. Está claro que co PP tamén
para isto hai que ter amigos…
Polo que se refire ao Plan de axuste que o PP se “autopresentou” no Pleno de onte e ante
as declaracións que sobre isto fixo o Alcalde, tamén temos que desmontar as mentiras que
dixo:
Si vai haber recortes de persoal no Concello de Burela. No Plan de Axuste presentado
contémplase a redución do 50 % do persoal coidador dos comedores escolares e a
supresión total do servizo de Atención Temperá situado en Burela e que atende a toda
a Mariña (con respecto a este servizo de Atención Temperá hai que lembrar que a
anterior Xunta de Galiza o subvencionaba ao 100% e que agora a Xunta de Galiza do
PP recortou escandalosamente esta aportación económica). Polo tanto, si que vai
haber recortes de persoal e servizos.
‐
Di o Alcalde que non vai haber subida de impostos pero olvida falar dalgúns datos que
si aparecen no seu Plan de Axuste:
Que a partir de 2017 aumentará máis o IBI ao incrementarse o seu tipo
impositivo
Que o imposto de vehículos, auga, lixo, sumidoiros, seguirá subindo
todos os anos entre un 2‐2,5%
E dous puntos moi importantes dos que se esqueceu o Alcalde: o seu
Plan de Axuste recolle que se vai implantar un novo imposto de
plusvalía sobre os bens inmobles e unha ordenanza de contribucións
especiais para realizar obras públicas dentro do desenvolvemento do
novo Plan Xeral que se acaba de aprobar inicialmente. E a isto
chámalle o Alcalde non subir os impostos.
En resumo, un Plan de Axuste o que aprobou o PP que comeza un ERE no persoal
municipal, que inclúe máis e importantes impostos e que segue insistindo en apagarnos luces
no pobo, pero que nada fala de reducir dedicacións exclusivas ou soldos do equipo de
goberno. Está claro quen vai sufrir as consecuencias deste Plan de Axuste do PP de Burela: eles
non
Remitido





















As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



