Nota de prensa:
O PLENO APROBOU FACTURAS POR IMPORTE DE 135.000 EUROS, DOS QUE 57.000 CORRESPONDEN A FACTURAS ANTERIORES AO ANO 2011. O GOBERNO LOCAL CONSIDERA “SOSPEITOSO” QUE NIEVES CANDO CRITICASE QUE O ALCALDE FIXESE PÚBLICA DITA CANTIDADE.
Burela, 3 de marzo de 2012. O pleno do Concello de Burela aprobou o pasado xoves un recoñecemento de facturas de 2011 e anos anteriores por importe de 135.000 euros, coa finalidade de poder abonalas con cargo aos presupostos do presente ano e tan pronto como se dispoña da suficiente liquidez.
O alcalde, José María González Barcia, indicou que “éste é un trámite que marca a lei, e que é usado polos concellos con certa asiduidade”. Ademais, lembrou que “do total aprobado, o 42’5%, ou sexa, 57.000 euros, son de anos anteriores, e a contía restante pertence ao ano 2011, no que se celebraron as eleccións municipais”.
Segundo o equipo de goberno, “resultou chocante, e cando menos sospeitoso, o enfado mostrado pola portavoz do Grupo Mixto, Nieves Cando, polo feito de que o alcalde fixese pública no pleno a cifra total que se estaba aprobando. Cando puxo en dúbida a intencionalidade do alcalde, dando a entender que non facía falla que se dixese a cifra total no pleno e ante o público”. Os populares consideran que “ese enfado non viña a conto, a non ser que a Sra. Cando tivese algo que ocultar ou tivese algún problema de conciencia, porque alomenos 57.000 euros en facturas correspóndense á súa época de goberno, sen entrar a cifrar as que sendo do ano 2011 pertencen á súa xestión. Ao noso xuicio, o alcalde obrou con absoluta transparencia, porque os cidadáns deben coñecer como se empregan os seus cartos, e ademais como Equipo de Goberno temos a obriga de pagar tan pronto como sexa posible as facturas que se adebedan”.
Desde o goberno local indican que “alomenos 12.000 euros en facturas correspóndense a obras que se fixeron xunto cos Plan E e que non se pagaron. Facturas, eso sí, sobre farolas e alumiado, algo que como se ve era unha auténtica obsesión para o anterior alcalde, que logrou un récord, investir cento cincuenta millóns de pesetas en farolas para non aforrar nada en alumiado”.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



