O Concello de Lourenzá achega aos máis cativos e aos maiores a conmemoración do día internación da muller
Nota de prensa
En colaboración co CEIP Juan Rey, a ONG Mundo Cooperante e a Xunta de Galicia
O CONCELLO DE LOURENZÁ ACHEGA AOS MÁIS CATIVOS E AOS MAIORES A CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIÓN DA MULLER
? Para os máis cativos con obradoiros de contos pola igualdade e contra a violencia de xénero
? Para os nenos de 5º e 6º de primaria e o taller de memoria en colaboración coa ONG a través do proxecto DESIGUALDADES, traballarase sobre a desigualdade nos países en vías de desenrolo, contextos de inxustiza dende a perspectiva de xénero
? Dende o día 8 ata o 15 en horario de tardes contaremos coa exposición “DESIGUALDADES” que con un total de 8 paneis aborda diferentes situacións de desigualdade de xénero nos países en vías de desenrolo.
? O sábado celebrase a Xornada da Muller baixo o lema “a muller como alicerce da sociedade laurentina”.
Lourenzá, 5 de marzo do 2012.- Có gallo da conmemoración do Día da Muller a Concelleira de Servizos Sociais, Emma Alvarez e a Concelleira de Muller Guadalupe Flórez organizan varios obradoiros para facer partícipes da desigualdade de xénero como un problema social a todos os veciños do concello.
Dende o día 8 ata o 15 de marzo en horario de tardes na Sala de Exposicións da Casa da Cultura do Concello poderase ver a exposición “DESIGUALDADES” que con un total de 8 paneis aborda diferentes situacións de desigualdade de xénero nos países en vías de desenrolo.
“Desigualdades” é un proxecto que promove a solidaridade entre os membros da sociedade, especialmente os máis mozos, a través do coñecemento de diversas realidades que se dan nos países en vías de desenrolo, os cales reflexan situacións de desigualdade social e de xénero que viven millóns de persoas.
Mediante un obradoiro lúdico, dinámico e creativo que ten como base os intereses e coñecementos dos cativos de 5º e 6º de primaria achegarase a situación da muller e a nena nos países empobrecidos. Estes obradoiros serán o xoves día 8 e o xoves día 15 pola mañá no salón de actos da Casa do Concello. Os mesmos días pero en horario de tarde, acercarase este obradoiro a outro estamento distinto da sociedade, aos nosos maiores alumnos do Taller de Memoria do Concello.
Os máis cativos tamén terán presente o día da Muller, a través do obradoiro “Contos pola igualdade e contra a violencia de xénero” que impartirá a psicóloga do Punto de Información a Muller.
Como punto final a esta semana onde a protagonista é a muller o vindeiro sábado día 10 as 11:30 terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura un coloquio que baixo o lema ““a muller como alicerce da sociedade laurentina” participaran seis mulleres do noso concello que son exemplo de loita persoal por facerse un oco na sociedade.
Neste coloquio participarán unha muller do sector rural, a primeira política do Concello Fe R. Rocha, unha emigrante, unha coñecida empresaria, unha inmigrante e unha muller que superou unha enfermidade. Este coloquio estará presidido pola Edil de Servizos Sociais, Emma Alvarez.
A continuación proxectarase un corto con tema de base a desigualdade de xénero e procederase a ler un manifesto das mulleres de Lourenzá.




















A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.



