Nota de prensa
O CONCELLO RECIBIRÁ EN BREVE 50 COMPOSTEIROS PARA SEGUIR FOMENTANDO A COMPOSTAXE CASEIRA ENTRE A POBOACIÓN, SEGUNDO ANUNCIOU HOXE HORACIO CUPEIRO.
Ribadeo, 2 de marzo de 2012. O Concello recibirá en breve 50 composteiros para seguir fomentando a compostaxe caseira entre a poboación, segundo anunciaba esta mañá o edil de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro.
O concelleiro nacionalista referíuse ás declaracións efectuadas nas últimas horas pola secretaria de organización do PSOE local. Cupeiro sinalou que “ela mesma recoñece que Ribadeo foi pioneiro na compostaxe caseira, fixémolo hai tres anos, pero todos os días non podemos estar dicíndolle a todo o mundo o que ten que facer. Creo que Ribadeo é pioneiro dando información nos medios da comunicación e así recoñecen a nosa labor tanto na Consellería como en Sogama. Na compostaxe seguimos loitando e pronto faremos outra fase. Nos confirmaron que nos darán outros 50 composteiro en breve. De todos os xeitos é de agradecer que nos recorden as cousas de vez en cando, pero nós sempre estamos na vereda”.
O edil de Medio Ambiente tamén aludiu aos supostos vertedoiros incontrolados de neúmaticos “que afean o entorno rural e o periurbano. Non sei si haberá unha persoa en Galicia que leve feito por este asunto o que levo feito eu. Hai tres anos reunínme co máximo responsable de Calidade na Xunta, era o director xeral das siglas que ela defende, e comentéille o problema que había e pedíume por favor que non lle tocase ese tema porque non tiñan posibilidade económica para facerlle fronte a recollida de todo este material”. Horacio Cupeiro asegura que “o Concello pouco pode facer, sí que me estou movendo no tema dos residuos para que as administracións me boten unha man e desde logo hai unha cousa clara, o PSOE ten a Deputación de Lugo e levan Medio Ambiente, entón o que ten que facer é axudarlles aos labregos para que non lles teña custe económico a retirada desas rodas, debido á crise que todos estamos a sofrir. Aí teñen os medios económicos para poder facerlle fronte a iso, nós non Concello non os temos.
O concelleiro do BNG explicou que “eu o que fago é poñer en contacto á persoa que se desfai dunha explotación ou que a ten que deixar, incluso xente da súa parroquia levaron hai pouco 400 rodas para o punto limpo de Ribadeo e no prazo de tres ou catro días veu REGOMAS, que é empresa que recupera gomas e madeiras, levóunas, pagáronlles eles mesmos a REGOMAS, e acabóuse a historia. Desde o Concello facemos intermediación, pero non podemos recoller todas as rodas. De todos os xeitos lle agradezo que me diga que temos un problema coas rodas”.
As Catedrais
Horacio Cupeiro tamén saiu ao paso das críticas verquidas nas últimas horas polo concelleiro de Upri sobre a limpeza da praia das Catedrais e sinalou que “acepto e bó grao as críticas porque é o que lle corresponde lóxicamente á oposición, xa que eu non poido estar en todos os sitios para controlar todo. O que sí me consta é que onte ás 9 da mañá a persoa que se encarga do vaciado das papeleras fixo o seu traballo, máis aló de que despois desa hora puidera haber unha grande afluencia de xente e puideran encherse as papeleras. Eu non o dubido, esas cousas poden pasar no inverno porque non temos un programa específico para ter todo aquelo atendido por falla de recursos, pero considera que estamos diante dun feito puntual”.
O responsable municipal de Medio Ambiente indicou que “porque algún día teñamos unha ou dúas papeleras rebosando ou porque as gaviotas botasen os restos de comida fora ou por o motivo que sexa poñer en entredito a Q de calidade turística non é moi normal. Paréceme moi ben como crítica, pero estamos moi contentos de cómo temos todo aquelo. Tamén lle quero dar as gracias porque me aclarou que no é o Concello o que paga a recollida do lixo, senón que son os veciños. Si despois de 58 anos me entero de que eso é así benvido sexa. Ponme como exemplo ao señor Rivas, non me gustaría que me servise de exemplo de nada esa persoa”.



















A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.



