Nota de prensa
SEMINARIO PARA A DIFUSIÓN DA CREACIÓN DE EMPRESAS: “ Atúa idea pode ser o trampolín cara a túa empresa”.
Xa hai anotadas 15 persoas, a maioría delas con ideas empresariais en distintas fases de xestación.
Pero aínda está aberto o prazo para inscribirse no SEMINARIO PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS” que terá lugar o 12 de marzo na Aula de Formación do Concello de Xove, das 17:00 ás 20:00 horas.
Este seminario está organizado por BIC GALICIA en colaboración co Concello de Xove a través do Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local.
Contidos:
¿Qué necesitamos para montar unha empresa?
A persoa emprendedora: ¿cales son as motivacións que nos levan a emprender?, ¿qué dificultades atoparemos no camiño?, ¿cales son os mitos arredor da figura do emprendedor?.
A idea: ¿cómo podemos xerar unha boa idea empresarial?, ¿cómo podemos efectuar unha primeira avaliación da nosa idea?
O Plan de Empresa: ¿Cómo converter a miña idea en empresa? ¿qué necesidades teño e cales son os recursos ao meu alcance?
Fundamentación:
Ti tamén podes ser empresario ou empresaria ao igual que o conseguiron as persoas empresarias das que se vai a falar.
O IGAPE apoia a todas aquelas persoas que, coma ti, teñen ganas de emprender e boas ideas que deberían materializarse nun proxecto de negocio con futuro.
Neste seminario, de 3 horas de duración, descubrirás cómo xurden as ideas empresariais, cómo se poden detectar boas oportunidades de negocio e cómo converter un proxecto nunha empresa.
Coñecerás ademais de primeira man a testemuña dunha empresaria de Xove, Goreti Fernández Sánchez que contará a súa aventura empresarial: un comercio de alimentación.
¿Necesitas un impulso?. Ven e aproveita os recursos que poñemos a disposición de emprendedores coma ti.
Asistentes:
O único que se considera imprescindible para asistir a este SEMINARIO é ter interese polo xurdimento de propósitos empresariais, polo que non é necesario dispor dunha idea previa.
Considerase a asistencia a este seminario moi útil para persoas emprendedoras, alumnas de Accións de Formación (especialmente alumnado de últimos cursos de Formación Profesional), profesoras de orientación laboral, orientadoras, beneficiarias de Programas de Fomento de Emprego, desempregadas,…
O número de prazas é limitado e expedirase certificado de asistencia.







Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



