Nota de prensa
XUNTA DE PERSOAL DA ÁREA DA MARIÑA
Hoxe as once e media da maña produciuse concentración de empregados/as públicos diante do Hospital da Costa, unhas 200 persoas, co motivo de manifestar o rexeitamento a Lei de Medidas no Emprego Público, aprobada polo Goberno da Xunta de Galicia, e que supón, coa escusa da crise e o aforro, un atentado ó Emprego Público e por ende unha agresión en toda regra aos empregados/as do sector público autonómico concretado en medidas tales como:
A suspensión do fondo da Acción Social, medida que ven a agravar a situación dos empregados do sector público con menor nivel retributivo, cabe que sinalar que non poucos deles non son nin mileuristas.
A precarización do traballo do persoal eventual e interino (ataque sen precedentes), o que se poderá reducir até un terzo a súa xornada e salario, o que sen dúbida suporá ben un deterioro na calidade das prestacións, ben un incremento das asistencias técnicas ou a esternalización dos servizos.
Do mesmo xeito destrúe outros dereitos consolidados e adquiridos mediante a negociación colectiva: complemento do 100% en caso de IT, rebaixa nos días de asuntos persoais, etc. Como compensación a estas regresivas medidas aplican a suspensión “temporal” do complemento de ex altos cargos, antiga reivindicación retirando o termo “temporal”.
Polo que e diante de todas estas medidas, as organización sindicais maioritarias, excepto CESM-OMEGA e SATSE que se descolgan, acordan en distintas e multitudinarias asembleas, realizadas o longo das pasadas semanas nos centros de traballo máis representativos:
Pedir a retirada inmediata da Lei de medidas contra os empregados/as públicos.
A presentación de unha alternativa a esta Lei que supoña un aforro real, sen que o peso do mesmo recaía de novo no denotado colectivo de Empregados Públicos.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



