Nota de prensa
SR. ALCALDE.
Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside e no seu nome o seu portavoz Jaime Cancio Rodríguez
EXPÓN:
Que a riqueza forestal é unha das riquezas máis importante das que dispón este Concello.
Que para a súa conservación e explotación, son necesarias a posta en marcha de medidas encamiñadas a permitir a compatibilidade da explotación e conservación de camiños e pistas forestais xunto con outros como a limpeza de montes …..
Que unha das carreteras que teñen unha especial importancia para a explotación forestal , é a que une a parroquia de Fazouro no lugar de Villarmea con Sta Cilla no lugar de Trasmonte, e na que son necesarias e urxentes traballos de conservación.Por todo o exposto, presentamos a seguinte MOCION, para que a Corporación Municipal inste a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial para a concesión de axudas para a reparación integral do mencionado pista forestal.