TÉCNICOS DE PATRIMONIO E DO CONCELLO REUNIRÁNSE O XOVES EN SANTIAGO PARA TENTAR CONCILIAR AS DIRECTRICES DESA DIRECCIÓN XERAL COAS LIÑAS BÁSICAS DO PXOM E COS INTERESES LEXÍTIMOS DOS VECIÑOS. GONZÁLEZ BARCIA CONSIDERA QUE O PLAN É UN INSTRUMENTO PRECISO E NECESARIO “SI QUEREMOS DOTAR A BURELA DE MÁIS E MELLORES SERVIZOS”.
Burela, 17 de abril de 2012. Técnicos de Patrimonio e do Concello de Burela manterán un encontro o vindeiro xoves, 19 de abril, en Santiago co obxectivo de conciliar as directrices desta Dirección Xeral coas liñas básicas do PXOM e cos intereses lexítimos dos cidadáns de Burela. Hoxe, o alcalde, José María González Barcia, reuníuse coa director xeral de Patrimonio tamén na capital de Galicia.
O rexedor indicou que “esta reunión foi continuación dunha anterior na que empezamos a abrir o camiño. Hai que destacar que hai espíritu de colaboración entre a Dirección Xeral de Patrimonio e o Concello de Burela. Hoxe xa quedou fixada outra reunión entre técnicos de Patrimonio e do Concello, que se vai celebrar en Santiago o vindeiro xoves, 19 de abril, e á que asistirá o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, Manuel Fernández Valle”. González Barcia considera que “seguramente ésta non será a última, é moi probable que teñamos que ter outra e o que imos facer é, dentro do marco normativo que temos actualmente, tentar conciliar as directrices de Patrimonio coas liñas básicas do PXOM e tamén con aqueles intereses lexítimos dos cidadáns de Burela, que poidan sentirse dalgún xeito afectados polas devanditas directrices de Patrimonio, sempre e cando se enmarquen dentro da legalidade vixente”.
O alcalde de Burela asegurou que “estamos no bó camiño e todo esto forma parte da liña de actuación que o equipo de goberno tiña perfilada de cara á aprobación do PXOM. Reitero que Burela precisa dun plan xeral exactamente igual que estamos precisando desta auga que hoxe está caendo. Un concello sen plan xeral coa superficie que temos, cos servizos que temos… é un concello que anda literalmente coxo e si queremos dotar a Burela de máis e mellores servizos non cabe a menor duda que o plan xeral é un instrumento preciso e necesario”.
Informe vinculante
Para José María González Barcia “vánse cumprindo prazos, onte recibimos o primeiro informe emitido por unha administración que lle afecta ao plan xeral. Trátase dun informe vinculante emitido pola Dirección General de Ferrocarriles do Ministerio de Fomento. Dito informe é favorable, salvo dúas ou tres cuestións de moi escasa importancia, ao documento aprobado inicialmente hai mes e medio. A partires de agora é lóxico que nos vaian chegando informes e quero reiterarlles aos cidadáns que o plan xeral estará exposto ata o vindeiro 8 de maio, co que terán tempo para presentar as alegacións que consideren oportunas”.
O rexedor dixo que “ditas alegacións, si se axustan á normativa vixente, o Concello mostraráse favorable á súa inclusión de cara á aprobación provisional do PXOM, como non podía ser doutro xeito. Nós entendemos o período de exposición pública parte, xa non só como algo de imperativo legal que hai que facer, é dicir o Concello ten a obrigación de expoñer o plan durante dous meses, senón que parte dunha filosofía xa que as aportacións que poidan facer os cidadáns poden e deben ser tidas en conta para enriquecer e mellorar o plan”. Barcia engadiu que “non hai ningún plan perfecto ao cen por cen, calquera documento que se faga é incompleto e imperfecto, pero no caso que nos ocupa entendemos que as aportacións da xente poden enriquecelo, melloralo e incluso poden facernos ver algúns fallos que puidera haber na propia redacción do plan. E iso o único ao que nos leva é a mellorar o documento que temos na actualidade co obxectivo de facelo útil para os intereses xerais dos veciños deste concello”.
Remitido
Remitido






















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



