COMEZARON AS XIX XORNADAS TÉCNICAS EXPOMAR 2012. GONZÁLEZ BARCIA SUBLIÑOU QUE O SECTOR PESQUEIRO BURELÉS É UN REFERENTE EN TODA A CORNIXA CANTÁBRICA E AVOGOU POR TRATAR CON RIGOR E CON SERIEDADE A SÚA PROBLEMÁTICAS E AS POSIBLES ALTERNATIVAS.
Burela, 10 de maio de 2012. Esta tarde foron inauguradas en Burela as XIX Xornadas Técnicas Expomar 2012, a cargo da conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana. O evento seguirá mañá, día no que tamén se desenvolverá o XIII Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras.
O alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, José Mª González Barcia, sinalou que “Burela volta a converterse nun referente para o sector da pesca un ano máis, e xa van 19, desde que se comezaron a celebrar as xornadas técnicas aquí coincidindo coa feira Expomar. Este ano, de novo, os representantes do sector, os das administracións con competencias normativas na materia e os técnicos que acoden como poñentes porán enriba da mesa a situación actual do sector pesqueiro, un sector que ten unha enorme importancia para Burela e por extensión para toda a Mariña, para Galicia e para toda a cornixa cantábrica”.
Barcia dixo que “se trata dun sector pesqueiro que ten en Burela un referente, no sentido de que Burela o que é se fixo nun 99’99% grazas ao mar. E todos sabemos os traballos e as dificultades que houbo e que hai que pasar para sacar adiante un sector, que para algúns está en crise permanente desde hai 25 anos e outros o vemos máis ante os retos continuos que se lle van presentado para poder continuar adiante. De continuar adiante a xente de Burela sabe moito, porque Burela empezou sen porto e hoxe temos unhas instalacións que son punteiras. Burela empezou como empezou con barcos que na súa época eran deficitarios en comparación con outros de portos próximos, pero hoxe en día ten unha flota moi modernizada e dotadas das últimas tecnoloxías”.
O rexedor indicou que “Burela sabe qué ten que facer neste sector, pero ás veces presenta aristas ou tensións coas normativas e coas lexislacións que desde as distintas administracións se fan e se poñen en práctica, fundamentalmente no que se refire á normativa que provén da Unión Europea e que marca un pouco a pauta de toda a outra normativa que poida emanar do goberno do Estado ou da Xunta de Galicia. É bó que unha vez ao ano se xunten en Burela responsables do sector pesqueiro, das administracións e os técnicos que actúan como poñentes para analizar a realidade actual, para analizar a problemática que agora ten e tamén os retos que nos podemos atopar no futuro a corto e medio prazo. E é bó tamén que estes retos se plantexen con rigor e con seriedade, sendo conscientes de que o sector pesqueiro é fundamental para a economía da zona e de toda a cornixa cantábrica. E eso ten que levarnos a sacar conclusións e a plantexar alternativas”.
Para González Barcia “agora mesmo hai temas candentes, a nova política pesqueira común é un asunto que ocupa e preocupa ao sector pesqueiro. É bó que as administracións escoiten aos técnicos e ao sector, é bó que o sector escoite as propostas dos técnicos e que tamén escoite as alternativas que poidan plantexar as administracións e é bó que os técnicos estean en contacto directo co propio sector, porque ninguén mellor que o propio sector sabe das súas necesidades e das súas dificultades, e máis tamén en contacto coas administracións”.
O alcalde e presidente da Fundación Expomar manifestou que “este evento se fai en Burela, porque Burela vive fundamentalmente da pesca. Burela é un porto de referencia para Portos de Galicia. Burela facturou no 2011 a nada desprezable cifra de 74 millóns de euros en venta directa. Esto debe servirnos como reflexión para que desde as administracións, con ou sen competencia na materia, nos ocupemos e nos preocupemos por un sector básico e motor da economía local e comarcal e cun peso específico no producto interior bruto da Mariña e de Galicia”. E engadiu que “desde a Fundación Expomar apoiamos de forma continuada ao sector. A Fundación Expomar pretende ser un ente que en terra dinamice ao sector pesqueiro e desde o Concello imos apoiar as iniciativas que adopte, porque somos conscientes de que é un sector moi profesional, sabe moi ben o que quere e saber perfectamente o que hai que facer para continuar traballando…e como somos coñecedores de todo esto aí vaia o noso apoio”.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



