SUÁREZ BARCIA AGARDA QUE A SÉTIMA EDICIÓN DO RIBADEO DE TAPEO SEXA UN ÉXITO E QUE CONSIGA DINAMIZAR O SECTOR HOSTALEIRO. O REXEDOR CONVIDA A DISFRUTAR ESTA FIN DE SEMANA DESTA TRADICIONAL CITA COA COCIÑA EN MINIATURA.
Ribadeo, 25 de maio de 2012. O alcalde, Fernando Suárez, agarda que a sétima edición do Ribadeo de tapeo sexa un éxito e que consiga dinamizar o sector hostaleiro do concello. O rexedor convida a veciños e visitantes a disfrutar esta fin de semana desta tradicional cita gastronómica.
Suárez Barcia dixo esta mañá que “todo o bó que empeza ten un final e agora estamos xa na recta final desta sétima edición do Ribadeo de tapeo, que tanta xente atrae todos os anos. Neste 2012, a pesares das circunstancias económicas complicadas, o nivel de participación e de degustación das tapas está a ser moi alto. Foi moita a xente que se achegou desde o pasado día 18 de maio a Ribadeo para saborear algunha das 51 tapas que, a través destes milleiros de libriños que editamos, a xente pode escoller e seleccionar aquelas que máis lles chamen a atención. Hai xente valente que se atreve a participar no concurso do Larpeiro de ouro, son esas persoas que fan a ruta completa”.
O alcalde ribadense convidou “a todos os veciños da Mariña de Lugo e do Occidente de Asturias que aínda non se achegaron a Ribadeo a que o fagan e que aproveiten esta fin de semana para disfrutar das tapas e de todas as actividades paralelas que estamos a facer. Na tarde deste venres levaremos adiante unha iniciativa nova facendo unha ruta de tapas do saneamento, metálicas, urbanas, que varios artistas ribadenses pintarán para darlle un toque de cor e de humor a este Ribadeo de tapeo”.
Fernando Suárez confía en que “a valoración que poidamos facer o vindeiro luns sexa absolutamente positiva como foi o arranque desta sétima edición e que consiga dinamizar este importante sector que temos, como é o da hostalería en Ribadeo”.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



