Veiga intentou enganar aos 66 alcaldes lucenses cando lles ocultou que se negou a acudir ás reunións coa Consellería de Traballo e Benestar pese a ser citado en tres ocasións
O PPdeLugo presentará mocións nos 66 concellos esixíndolle á Deputación que financie a parte que lle corresponde por Lei do servizo de axuda no fogar
Os populares instan ao Antón Veiga a que cumpra coa lei que BNG e PSOE aprobaron durante o bipartito da Xunta.
A Deputación terá que achegar o 10% do custe total destes servizos municipais mentres que a Xunta seguirá financiando o 90%.
Lugo, a 4 de maio de 2012.- O Secretario da Mesa do parlamento e do PP en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado da portavoz popular na Deputación, Elena Candia, anunciaron esta mañá -en rolda de prensa- que o PP presentará mocións municipais nos 66 concellos da provincia esixíndolle á Deputación lucense que financie a parte que lle corresponde por lei no tocante aos servizos municipais de axuda no fogar.
Os populares clarexaron que cumprir a Lei aprobada polo bipartito suporía que a Deputación terá que achegar o 10% do custe total dos servizos de axuda no fogar e a Xunta o 90% restante, polo que está claro que a administración autonómica está a efectuar un maior apoio para a continuidade desta prestación social.
De calquera xeito os dirixentes populares consideran incomprensible que Antón Veiga pretenda converterse en “insumiso” dunha lei “que eles mesmos aprobaron durante o Goberno bipartito da Xunta -daquela, foi votada favorablemente por BNG e PSOE-”. Balseiro e Candia significaron que os nacionalistas terán que explicar “cando nos enganaron: cando aprobaron unha lei na que logo resulta que non cren e que hoxe se están a negar a aplicar, ou agora, cando están mentindo aos usuarios facéndoos crer que se va a perder este servizo”
Iniciativa no Parlamento
Os dirixentes populares tamén criticaron a falta de seriedade, a irresponsabilidade e a pasividade do Vicepresidente da Deputación que, segundo explicaron, “intentou enganar aos 67 alcaldes lucenses cando lles ocultou que se negou a acudir ás reunións coa Consellería de Traballo e Benestar pese a ser citado en tres ocasións”.
De feito Jose Manuel Balseiro, vén de rexistrar unha iniciativa no Parlamento de Galicia para que a Xunta corrobore as citacións a Antón Veiga e os posteriores plantóns do dirixente nacionalista “que cara a galería di estar moi preocupado polo tema, e cando chega a hora da verdade non dá a cara”.
“Adícase a todo menos ao que se ten que adicar. Ao señor Veiga citóuselle ata en tres ocasións (27/01, 10/02, 25/04) para un encontro coa Conselleira de Traballo e Benestar Social. Non se presentou nunca. Citóuselle hoxe mesmo para unha xuntanza coa Secretaria de Política Social, a tampouco se presentou”-clarexou Balseiro.
Candia e Balseiro lembraron, que agora máis ca nunca, debido a mala época económica que estamos a vivir, deberá reforzarse a necesaria colaboración e coordinación entre Xunta e a Deputación, e para iso é imprescindible que o Ente provincial achegue o financiamento do servizo de axuda no fogar básico (para persoas non dependentes) dos servizos sociais municipais naqueles concellos de menos de 20.000 habitantes.
O PP insta a Deputación a que deixe de enganar aos cidadáns, de xerar alertas na poboación e que cumpran o Decreto e a Lei que eles mesmos aprobaron.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



