O Secretario da Mesa do Parlamento galego e do PP de Lugo e o Deputado Nacional mencionaron as promesas incumplidas do goberno socialista na comarca da Mariña
Balseiro e De Olano: “8 anos de mentiras, enganos e promesas incumplidas fronte a 4 meses de verdades e eficacia; o que demostra que o PP fai máis e mellor en menos tempo”
“En catro meses de goberno, Mariano Rajoy está adoptando as medidas necesarias para paliar a herdanza deixada polos socialistas, que non foi outra que un país ao borde da quiebra”
.O Secretario da Mesa do Parlamento puxo de manifesto que os oito anos de goberno do PSOE de Rubalcaba deixou ao país na situación máis complicada da súa historia democrática, un contexto ao que ten que facer fronte agora o executivo de Rajoy
.Jaime De Olano recoñeceu que son medidas duras pero que din a verdade, o que explica a necesidade de adoptalas
.Balseiro e De Olano afirmaron que o actual goberno preocúpase pola comarca da Mariña e destacaron que, malia a estar nunha situación económica pésima, herdada polos socialistas, o Ministerio de Fomento destinou preto de 50 millóns nos presupostos xerais do estado para 2012 para a A-8 e unha partida de 1.7 millóns de euros para a capitanía marítima de Burela
Lugo, 4 de mayo de 2012.- O Secretario da mesa do Parlamento galego e do PP de Lugo, José Manuel Balseiro, e o Deputado Nacional Jaime de Olano, acompañados de Deputados Autonómicos, provinciais e alcaldes e voceiros da comarca da Mariña, ofreceron esta tarde unha rolda de prensa para explicar as accións que está levando a cabo o Goberno de España. Balseiro comenzou a intervención lembrando que o país está atravesando o peor momento da historia da democracia debido a herdanza envelenada que deixaron os 8 anos de goberno socialista.
“Débeda, xestión pésima e engano aos españoles. Foi o que deixaron. Deixaron unha débeda de preto de 700.000 millóns de euros que obriga a pagar 30.000 millóns ao ano só de intereses. Deixaron un déficit anual de case 100.000 millóns que obriga a presentar un presuposto con menos cartos para tódolos ministerios. Deixaron unha herdanza de millóns de desempregados aos que se destinan case 30.000 millóns ao ano en prestacións. Deixaron unha débeda de 15.000 millóns en Sanidade e deixaron un sistema educativo co maior fracaso escolar de Europa”-manifestou Balseiro.
Dixo José Manuel Balseiro que aos socialistas deberíalles caer a cara de vergonza e non atreverse nin a saír a rúa por mentir no tocante ao déficit e ir incluso máis alá, filtrando que o Goberno de Mariano Rajoy inflaba as cifras do déficit.
“Son agora os primeiros en encabezar as pancartas nas manifestacións. Deberíalles caer a cara de vergonza. Deixan a España nunha situación ao borde da quiebra, enganan aos cidadáns decindo que Mariano Rajoy inflaba as cifras do déficit e ainda teñen a cara de protestar. Pero gracias que aos mentireiros cólleselles cedo na mentira, de ahí que fai unhas semanas (concretamente o 23 de abril) a oficina de estatística comunitaria, Eurostat, confirmase que o déficit público de España chegase ao 8,5% do PIB en 2011, dous puntos e medio máis do previsto como anunciara o Goberno de Rajoy” –manifestou Balseiro.
PROMESAS INCUMPLIDAS NA MARIÑA
José Manuel Balseiro lembrou que na comarca da Mariña, os socialistas prometeron e prometeron e non fixeron absolutamente nada. Se algo fixeron foi vender fume e entorpezer o traballo dos demáis- manifestou Balseiro
“¿Onde está o corredor Barreiros-San Criprián e o tan prometido Porto de Alcoa? En ningures. E, ¿que fixeron coa Autovía do Cantábrico? pois retrasar a súa apertura. Esta última planificouna e iniciouna un goberno do Partido Popular e paralizárona os 8 anos de goberno socialista. Conclusión da Autovía do Cantábrico: iniciouna e planificouna un goberno popular e vaina rematar un goberno do PP.
O Deputado Nacional, Jaime de Olano, lembrou que o Ministerio de Fomento destinou, nos presupostos xerais do estado para o 2012, unha partida de máis de 48 millóns de euros para a A-8, fronte a un goberno socialista que presupostara para o 2011, 6,3 millóns de euros. Explicou De Olano a división desta cantidade: 21.735,83 para o Tramo Lindín-Carreira (9,3km) e 26.365,45 para o Tramo Mondoñedo-Lindín (4,7Km).
Asemade, lembrou tamén o Deputado Nacional que o actual Ministerio de Fomento, a diferencia do anterior, tamén se lembrou da capitanía marítima de Burela, destinando unha partida de 1 millón 700 mil euros.
Repasou Jaime de Olano as reformas que puxo en marcha o goberno de Mariano Rajoy; as necesarias, segundo De Olano, para paliar a herdanza envelenada do PSOE.
Sobre a reforma económica, lembrou a aprobación da Lei de Estabilidade Presupuestaria e sostenibilidade financieira; recoñeceu, que os orzamentos son duros, pero necesarios para: 1- correxir a herdanza envelenada do anterior goberno socialista e 2- para paliar a situación dos que peor o están pasando coa crise económica e o desemprego. Lembrou Balseiro que se lles esixíu ás comunidades autónomas o cumprimento dos seus obxetivos de déficit e inxectáronselles 30.000 millóns ás PYMEs e autónomos, obrigando ás administracións a paga-las súas débedas con proveedores.
No tocante a reforma laboral, De Olano asegurou que ten como obxetivo incentivar a contratación de mozos e mozas, parados de longa duración e mulleres; ao mesmo tempo que fomenta a contratación estable e a formación dos traballadores. Trátase, en definitiva, de rematar con esta situación dramática que deixou o anterior goberno.
En canto a reforma da sanidade, o Deputado nacional asegurou que de non tomar medidas poderíase chegar a un colpaso da sanidade. Dixo De Olano que se basan principalmente en realizar unha serie de controles e establecer unha serie de requisitos encamiñados en: 1-evitar abusos no turismo sanitario e 2-evitar o despilfarro farmacéutico. Lembrou e insistíu que os xubilados non van a pagar máis de 8 euros ao mes e que os parados sen prestación non van a pagar nada, igual que os perceptores de pensións non contributivas.
No eido educativo, De Olano, afirmou que a estratexia nacional de calidade reforzará a ensinanza do inglés, reformará a estructura do bacharelato, vinculará a FP á práctica profesional e introducirá criterios de evaluación. Destacou, que se fomenta ademáis, a cultura do esforzo e mantén as becas e os salarios docentes.
Secretario da mesa do parlamento galego e Secretario xeral do PP de Lugo e Deputado Nacional afirmaron que son unhas medidas pensadas en paliar unha situación emerxente, herdada do anterior goberno socialista e que España ten agora un goberno que fai máis e mellor en 4 meses que outros fixeron en 8 anos.




















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



