NO DÍA DE ONTE CELEBROUSE A PRIMEIRA REUNIÓN DE TRABALLO DA RECENTEMENTE CONSTITUIDA COMISION XESTORA DO PARTIDO POPULAR DE RIBADEO. COA PRESENCIA DA MEIRANDE PARTE DOS SEUS MEMBROS APROBOUSE POR UNANIMIDADE O NOVO ORGANIGRAMA DA AGRUPACION LOCAL ASI COMO O REPARTO DAS AREAS DE TRABALLO, ACORDANDO QUE OS LUNS DE CADA SEMANA CELEBRARIANSE REUNIONS SECTORIAIS EN TANTO QUE OS XOVES REUNIRIASE O PLENO DA COMISIÓN XESTORA.
|
NOVO ORGANIGRAMA DA ORGANIZACION:
PRESIDENTE.- Jesus Lopez Penabad SECRETARIO XERAL.- Daniel Vega Pérez VICESECRETARIA DE ORGANIZACION.- Ramón Méndez Rocha VICESECRETARIA DE AFILIACION.- Alejandro De La Osa ADJUNTO.- María Paz Ramos VICESECRETARIA DE PRESIDENCIA.- Jose Mª Suarez Garcia VICESECRETARIA DE TESORERIA.- Natividad Castro ADJUNTOS: Santiago Roviralta, Pedro…. VICESECRETARIA DE COMUNICACION.- Mª Del Campo Lopez Braña Freije ADJUNTO.- Jose Luis Garcia
|
RESPONSABLES AREAS DE TRABALLO
SECRETARIA DE ECONOMIA COMERCIAO INDUSTRIA TURISMO E URBANISMO: Mª Del Campo López Braña Freije SERCRETARIA DE TRABALLO E FAMILIA: Jose Mª Suárez SECRETARIA DE BENESTAR E ASUNTOS SOCIALES: Maria Paz Ramos SECRETARIA DE MEDIO RURAL, MARINO E MEDIO AMBENTE.-Baldomero Castro, Francisco.. SECRETARIA DE SANIDADE.- Santiago Roviralta SECRETARIA DE CULTURA E EDUCACION.- Pedro SECRETARIA DE XUVENTUDE E DEPORTES.- Jacobo Rio
|
NO DESENVOLVEMENTO DESTA REUNION DE TRABALLO, QUE CONTOU COA PRESENCIA DO PORTAVOZ MUNICIPAL, MANUEL VALIN VALDES, E A CONCELLEIRA, Mª DEL CAMPO LOPEZ BRAÑA, O PRESIDENTE, JESUS LOPEZ PENABAD, AMOSOU A SUA VONTADE DE TRABALLAR ESTREITAMENTE COS CONCELLEIROS DO GRUPO MUNICIPAL, COS QUE TIÑA INTENCIÓN DE MANTER UNHA PRIMERIA REUNIÓN, ESTE VENRES, NA QUE LLES IA EXPOÑER O SEU PLAN DE TRABALLO AO FRONTE DA COMISION XESTORA AO TEMPO QUE LLES IA SOLICITAR A SUA COLABORACION NESTA NOVA ANDAINA DO PP DE RIBADEO.
CONSCENTE DO MOMENTO CONVULSIVO E CONFLICTIVO POLO QUE ESTA A PASAR NESTAS DATAS O PARTIDO POPULAR DE RIBADEO, PROVOCADO POLO CESE DO ANTERIOR COMITE EXECUTIVO, O PRESIDENTE QUIXO RESTARLLE IMPORTANCIA A ESTE FEITO, XA QUE É CONSUSTANCIAL A TODA RENOVACIÓN QUE XURDAN VOCES DISPARES, SENDO O IMPORTANTE NESTOS MOMENTOS MIRAR CARA ADIANTE, APRENDENDO DO PASADO, PARA APROVEITAR O BO QUE TIVO E REXEITANDO O MALO, SENDO O SEU DESEXO O DE UNIR O PARTIDO E ABRILO A SOCIEDADE, PARA O QUE XA ANUNCIOU QUE NAS VINDEIRAS DATAS SE POÑERA EN MARCHA NO CONELLO DE RIBADEO UNHA CAMPAÑA DE AFILIACIÓN.
ANIMOU AOS PRESENTES A TRABALLAR E LOITAR POLO QUE LLES UNE, QUE É O POBO DE RIBADEO, DEIXANDO ATRAS LIORTAS E DISCUSIONS VALEIRAS DAS QUE SO SAE PERXUDICADO O PROXECTO DO PP, QUE NON É OUTRO QUE O DE SER NAS VINDEIRAS ELECCIÓNS MUNICIAPIS UNHA VERDADEIRA ALTERNATIVA DE GOBERNO FIABLE, CLARA E FORTE QUE LLE PERMITA ACADAR A ALCALDÍA DO CONCELLO DE RIBADEO.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



