A XUNTA DE GOBERNO CONCEDEU LICENCIA DE OBRA PARA A REPOSICIÓN DOS TELLADOS DAS VIVENDAS SOCIAIS DA RÚA DO RÍO. O PRESUPOSTO ASCENDE A 138.000 EUROS E O PRAZO DE EXECUÓN É DE DOUS MESES. GONZÁLEZ BARCIA SUBLIÑA QUE A XUNTA CUMPRE CO COMPROMISO ADQUIRIDO COAS FAMILIAS QUE RESIDEN NESES INMOBLES.
Burela, 26 de xuño de 2012. A xunta de goberno concedeu hoxe licencia de obra para a reposición dos tellados das vivendas sociais da rúa do Río. Os traballos contan cun orzamento de 138.000 euros, sufragados na súa totalidade pola Xunta, e o prazo de execución é de dous meses. O alcalde considera que se trata dunha boa nova para os veciños deses inmobles.
José María González Barcia lembrou que “se trata dunha obra demandada desde hai tempo polos propios veciños. Ten un presuposto de contrata de 138.000 euros, incluidos todos os impostos, e un prazo de execución de dous meses”. E explicou que “consistirá na reposición dos tellados que son de uralita e que teñen un certo deterioro. A Xunta de Galicia antes de entregar estas vivendas de xeito oficial aos seus lexítimos propietarios procederá a arranxar eses tellados”.
A obra está financiada ao 100% pola Xunta de Galicia, “foi o propio goberno galego o que sacou a contratación esta obra, mediante un negociado sen publicidade”, dixo o rexedor.
Para González Barcia “ésta é unha consecución importante pola propia natureza da obra, xa que si se van entregar unhas vivendas despois de pasar 25 anos desde a súa adquisición polos que van ser os seus propietarios, o lóxico é pensar que as entreguen nunhas condicións óptimas para a súa habiltabilidade”. O alcalde sinalou que “aínda que esta obra se demorou un pouco no tempo hai que recoñecerlle ao conselleiro de Medio Ambiente, Transportes e Infraestructuras, Agustín Hernández, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, o traballo realizado para levar adiante esta obra”.
O alcalde de Burela indicou que “esta obra ía ser feita polo goberno bipartito da Xunta, pero non foron capaces de sacala adiante. É unha boa noticia para a vila. A Xunta que preside Alberto Núñez Feijóo cumpre co compromiso que tiña adquirido cos veciños que habitan esas vivendas e co PP de Burela. E isto é para alegrarse”. José María González Barcia agarda que “a empresa adxudicataria das obras faga os traballos canto antes. É un bó momento, porque esperamos que no mes de xullo non se rexistren moitas precipitacións e confiemos en que non se produzan incidentes que poidan causar perxuizos aos veciños que habitan neses bloques”.
O alcalde e os concelleiros de Obras e Servizos Sociais, Manuel Fernández Valle e Diana Durán, visitaron esta mañá aos veciños das vivendas sociais da rúa do Río para informalos do acordo que hoxe se adoptou na xunta de goberno.

























Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.



