O IES ILLA DE SARÓN DE XOVE AUMENTA A SÚA OFERTA EDUCATIVA CUN NOVO CICLO FORMATIVO.
A partir do vindeiro curso o IES Illa de Sarón de Xove aumentará a súa oferta educativa coa posta en marcha do Ciclo Formativo de Grao Superior de Programación da produción en moldeamento de metais e polímeros (2.000 horas) Trátase dun ciclo da familia de Fabricación mecánica dirixido a planificar, programar e controlar a fabricación por fundición, pulvimetalurxia, transformado de plásticos e de materiais compostos, orientado á formación de operarios de produción específicos para plantas de fundición e modelaxe, tanto no sector metalúrxico como de polímeros
Este ciclo, único en Galicia, ofértase no réxime das persoas adultas na modalidade presencial (oferta modular). A matrícula por módulos permite que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo e, neste caso, ofértanse 6 módulos con 22 prazas por módulo para o curso 2012-2013
No IES Illa de Sarón este ciclo vén unirse ao PCPI de Informática e ao Ciclo Medio de Sistemas microinformáticos e redes, para completar a oferta formativa deste centro para o curso 2012-2013.
O prazo de preinscrición para todos estes estudos remata o día 2 de xullo de 2012 ás 13 horas, en período ordinario, aínda que haberá un período extraordinario entre o 3 e o 12 de setembro. Para calquera información poden chamar ao teléfono 982 59 21 68


























Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.



