A PRAIA DE AS CATEDRAIS RECUPERA A BANDEIRA AZUL NESTE 2012 E ADEAC GALARDOA POR PRIMEIRA VEZ CON ESTE DISTINTIVO AO SENDEIRO AZUL QUE VAI DESDE O FARO ATA AS ACEAS. FERNANDO SUÁREZ ASEGURA QUE “ISTO É UN ESPALDARAZO Á POLÍTICA MEDIOAMBIENTAL QUE ESTÁ A LEVAR ADIANTE O CONCELLO”.
Ribadeo, 6 de xuño de 2012. A praia de As Catedrais recupera a bandeira azul neste 2012, a de Esteiro conseguea por primeira vez, a de Os Castros/Illas ven de renovala uno ano máis e ADEAC recoñece e galardoa como sendeiro azul o paseo que vai desde o faro ata As Aceas. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que “isto é un espaldarazo á política medioambiental que está a levar adiante o Concello de Ribadeo”.
O rexedor sinalaba este mediodía que “é unha moi boa noticia para Ribadeo polo espaldarazo que supón á política medioambiental que estamos a levar adiante desde o Concello no tocante ás praias e a este sector ao que de maneira continuada nestes últimos anos querésmolle dar un realce importante de cara ao turismo, para que a calidade das nosas augas das praias sexan un reclamo de primeira magnitude para o sector dos servizos, da hostalería, da restauración, dos hoteis, dos hostais…”.
Suárez Barcia dixo que “é moi importante que no día de onte recibísemos a noticia de que nos renovaban as dúas bandeiras de Q de calidade tanto para As Catedrais como para Os Castros-Illas e agora acabamos de saber que Ribadeo, aparte de recuperar a bandeira azul na praia de As Catedrais, que se perdera o ano anterior, volvemos ter a bandeira azul na praia de Os Castros/Illas, temos por primeira vez a bandeira azul na praia de Esteiro e temos un recoñecemento dos poucos que hai a nivel de estado ao que se chaman sendeiros azuis, ao que presentamos desde o faro ata As Aceas. Trátase dunha ruta turística de paseo impresionante, moi bonita, que agora ten este recoñecemento de sendeiro azul por parte de ADEAC”.
O alcalde de Ribadeo destacou o traballo que fai a Delegación de Medio Ambiente encabezada por Horacio Cupeiro, “él é o artífice da recuperación da bandeira azul nas Catedrais, él é o artífice de que nos deran por primeira vez este recoñecemento de sendeiro azul e desde logo a política medioambiental que fai o Concello de Ribadeo hai moi poucos concellos que estean ao nivel no que está Ribadeo”.
Fernando Suárez felicita ao Real Club Náutico de Ribadeo polos galardóns obtidos, “quero facerlle chegar os meus parabéns ao Real Club Náutico de Ribadeo pola bandeira azul que locirá un ano máis e pola Q de calidade turística, que conseguía tamén na xornada de onte ao igual que as praias de As Catedrais e Os Castros/Illas”.










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



