AS PROMESAS BURELISTAS DAN A BENVIDA AO VERÁN NO CIDADE DE BETANZOS
As pequenas promesas da ED EON Burela FS daranlle a benvida ao verán esta fin de semana no VII Torneo Cidade de Betanzos, coa participación das categorías benxamín e alevín.
Aínda que a competición, cun total de 16 equipos, se inagura esta tarde no pavillón municipal betanceiro, os deportistas laranxas non se estrearán ata mañá coa primeira fase. O conxunto benxamín compartirá o Grupo B co Parrulo Ferrol FS, EDM Concello de Curtis e Troula Betanzos B; o A estará composto por Colegio Liceo, Autos Lobelle, Azkar Lugo e o anfitrión A. Na categoría alevín, os primeiros adversarios dos mariñáns serán Deportivo Atalantes, Azkar Lugo e Troula, no Grupo A; no B mediranse O Parrulo, Colegio Liceo, Curtis e ADFS Bueu.
A fase final, o domingo, accederán os dous primeiros de grupo.
Sábado 23 de xuño
9.00 horas: AUTOS LOBELLE FS-AZKAR LUGO FS (Benxamín A)
9.50 horas: O PARRULO FERROL FS-ED EON BURELA FS (Benxamín B)
10.40 horas: ED EON BURELA FS-AZKAR LUGO FS (Alevín A)
11.30 horas: O PARRULO FERROL FS-EDM CONCELLO CURTIS (Alevín B)
12.20 horas: TROULA BETANZOS FS B-EDM CONCELLO CURTIS (Benxamín B)
13.10 horas: TROULA BETANZOS FS A-AUTOS LOBELLE FS (Benxamín A)
14.00 horas: COLEGIO LICEO-AZKAR LUGO FS (Benxamín A)
14.50 horas: TROULA BETANZOS FS-ED EON BURELA FS (Alevín A)
15.40 horas: DEPORTIVO ATALANTES-AZKAR LUGO FS (Alevín A)
16.30 horas: COLEGIO LICEO-ADFS BUEU (Alevín B)
17.20 horas: EDM CONCELLO CURTIS-ED EON BURELA FS (Benxamín B)
18.10 horas: TROULA BETANZOS FS A-AZKAR LUGO FS (Benxamín A)
19.00 horas: COLEGIO LICEO-AUTOS LOBELLE FS (Benxamín A)
19.50 horas: TROULA BETANZOS FS-AZKAR LUGO FS (Alevín A)
20.40 horas: DEPORTIVO ATALANTES-ED EON BURELA FS (Alevín A)
21.30 horas: TROULA BETANZOS FS B-ED EON BURELA FS (Benxamín B)
22.20 horas: COLEGIO LICEO-EDM CONCELLO CURTIS (Alevín B)
23.10 horas: O PARRULO FERROL FS-ADFS BUEU (Alevín B)
Domingo 24 de xuño
10.00 horas: Semifinal Benxamín: 1º A-2º B
11.00 horas: Semifinal Benxamín: 2º A-1º B
12.00 horas: Semifinal Alevín: 1º A-2º B
13.00 horas: Semifinal Alevín: 2º A-1º B
16.00 horas: MINITORNEO DE PREBENXAMÍNS
18.00 horas: Final Benxamín
19.00 horas: Final Alevín
20.00 horas: ENTREGA DE TROFEOS





















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
