A portavoz na materia do Grupo Popular, Emma Álvarez Chao, subliñou que “impulsa a organización do territorio, equilibrando os usos do solo e permitindo un adecuado aproveitamento dos recursos, de xeito racional e multifuncional
A NOVA LEI DE MONTES DE GALICIA, PENDENTE DO SEU DEBATE EN SESIÓN PLENARIA PARA A SÚA APROBACIÓN DEFINITIVA
Álvarez Chao concretou que a norma “ten como principio reitor combater a excesiva fragmentación da propiedade, que é o principal impedimento para a rendibilidade económica e sostible do monte”.
Logo do traballo da ponencia, incorporáronse ao texto inicial do proxecto de Lei de Montes de Galicia 99 achegas dos grupos da oposición, que modificaron 38 dos 147 artigos da norma, 3 disposicións adicionais, 4 transitorias e a disposición adicional primeira que modifica a Lei de prevención e defensa dos incendios forestais de Galicia
Santiago, 14 de xuño de 2012.- A Comisión 7ª do Parlamento galego aprobou hoxe o ditame sobre o proxecto de Lei de Montes de Galicia, polo que esta norma queda á espera do seu debate en sesión plenaria para a súa aprobación definitiva. A portavoz na materia do Grupo Popular, Emma Álvarez Chao, subliñou que esta nova lei “impulsa a organización do territorio, equilibrando os usos do solo e permitindo un adecuado aproveitamento dos recursos, de xeito racional e multifuncional, para optimizar as distintas actividades forestais sen menoscabo dos dereitos dos propietarios e os intereses colectivos da sociedade”.
Álvarez Chao concretou que a norma “ten como principio reitor combater a excesiva fragmentación da propiedade, que é o principal impedimento para a rendibilidade económica e sostible do monte”. Así mesmo, dixo que “preserva e fomenta a sustentabilidade do monte autóctono, agrupado fundamentalmente en masas de frondosas caducifolias características de Galicia, como as carballeiras, os soutos e as bidueiras, aumentando as restricións sobre os eucaliptos, xa que se prohiben as reforestacións e as novas plantacións destas especie intercaladas en zonas de bosques autóctonos e, en todo caso, tras os incendios forestais”.
“No seu conxunto, a nova lei trata, por un lado, de frear o abandono do monte e, por outro, de mellorar o desenvolvemento socioeconómico e medioambiental sostible de Galicia, xerando rendas de emprego no rural e contribuíndo, deste xeito, á fixación da poboación”, sinalou a portavoz popular.
INCORPORACIÓNS DO GRUPO POPULAR AO PROXECTO
Entre as aportacións realizadas polo Grupo Popular á nova lei, Emma Álvarez salientou que “ampliamos o concepto de monte, considerando como tal os enclaves arborados de frondosas caducifolias en superficie agrícola cando menos de unha hectárea, co fin de salvagardar masas, carballeiras e soutos cunha idade medida de polo menos dez anos”. “Ademais, en aras da protección e a defensa dos enclaves de frondosas caducifolias, introducimos a obriga nos casos de cambios de actividade agraria a forestal de facelo só con esta especie arbórea, eliminando a premisa que marcaba o anteproxecto de poder facelo con especies das superficies limítrofes”, apuntou.
Así mesmo, destacou entre as emendas introducidas polo Grupo Popular a encamiñada a artellar un plan de devolución plurianual para saldar a débeda de convenios ou consorcios finalizado o prazo de catro anos para o remate dos vixentes na actualidade, “co obxectivo de facilitar o pagamento da débeda de xeito que se poida axustar aos ingresos anuais planificados no instrumento de xestión e para axudar aos propietarios que teñen actualmente contrato de xestión pública e queren rescindilo”.
A portavoz popular afirmou que esta nova norma “derroga ou modifica 47 artigos da Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais, a fin de obter unha maior operatividade mediante a clarificación das obrigas e deberes dos propietarios e os distintos actores implicados na loita contra o lume”.
En relación cos incendios forestais, Emma Álvarez criticou “a incongruencia e falta de criterio” dos grupos da oposición, logo de que socialistas e nacionalistas se abstiveran no Congreso dos Deputados a unha proposición non de lei presentada polo Grupo Popular que pedía o estudo dunha revisión do Código Penal para castigar adecuadamente aos incendiarios, “unha proposta idéntica á aprobada por unanimidade no Parlamento galego a proposta do PP e transaccionada cunha emenda presentada polo BNG”.
Álvarez Chao explicou que, logo do traballo da ponencia, incorporáronse ao texto inicial do proxecto de Lei de Montes de Galicia 99 achegas dos grupos da oposición, que modificaron 38 dos 147 artigos da norma, 3 disposicións adicionais, 4 transitorias e a disposición adicional primeira que modifica a Lei de prevención e defensa dos incendios forestais de Galicia.
REVANCHISMO POLÍTICO DA OPOSICIÓN
A pesar destas incorporacións, a portavoz popular lamentou que “o consenso nunca foi o obxectivo dos grupos da oposición para a aprobación desta lei, que viron nela o revanchismo político por dous motivos: en primeiro lugar, porque non se aproba o borrador que elaboraron cando estaban no goberno e, en segundo lugar, porque este Goberno, motivado pola inoperancia e confusión da lei de incendios, vese na obriga de ter que modificala, reformando deste xeito unha das leis das que máis orgullosos se senten os grupos da oposición da súa etapa á fronte da Xunta”.
“Marcan unha postura de liña dura e crítica que os leva a rexeitar este proxecto de lei por partir dunha formación política contraria”, lamentou Álvarez Chao, a pesar de considerar que “se trata dunha norma que debería ter vontade de permanencia no tempo, xa que calquera política que se aplique no monte non ve os seus froitos de xeito inmediato”.
Neste sentido, referiuse ao acordo polo monte presentado recentemente polos socialistas galegos, que cualificou de “publicidade barata que quería paralizar un proxecto de lei que, segundo dixo o secretario xeral socialista, acababa de chegar ao Parlamento, cando precisamente fixo o seu anuncio o día no que se realizaba a penúltima reunión da ponencia”. Ademais, criticou que a propia portavoz socialista “suspendera a ponencia ese día, precisamente para saír na foto ao carón do seu líder pedindo consenso, consenso que ten que materializarse precisamente no traballo da ponencia”.












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



