Balseiro: “Ser solidarios cos que menos teñen e protexer a quen máis o precisa son os obxetivos da reforma sanitaria posta en marcha polo PP”
.Hoxe leváronse a cabo as Asembleas Informativas para explicar a verdade das reformas do Goberno Central en Mondoñedo e Outeiro de Rei
.Por outra banda, membros de Novas Xeracións repartiron dípticos informativos en Monforte de Lemos e Sarria
Mondoñedo, 5 de xuño de 2012.- Outeiro de Rei e Mondoñedo foron os concellos lucenses elexidos hoxe polo Partido Popular de Lugo para levar a cabo as Asembleas Informativas para explicar a verdade das reformas acometidas polo Goberno de Mariano Rajoy.
O Secretario Xeral do Partido Popular de Lugo, José Manuel Balseiro, dixo en Mondoñedo, que o seu partido está tomando as medidas oportunas para garantir o futuro das xeracións que están por vir.
Acompañado da Voceira do PP na Deputación e en dito concello, Elena Candia, e demáis Deputados Nacionais, Autonómicos e Provinciais, o Secretario dos populares lucenses repasou as reformas acometidas polo Executivo Central en tódolos sectores, centrándose, especialmente, na sanitaria e financiera.
Manifestou Balseiro que o sistema sanitario é insustentable, xa que España debe 16.000 millóns de euros, o equivalente, case, ao Orzamento sumado de Galicia dos anos 2011 e 2012, polo que seguir na mesma senda suporía o camiño máis rápido cara á desaparición da asistencia sanitaria gratuíta e universal en España. Defendeu o Secretario Xeral dos populares lucenses que este sistema establece que os que menos teñen, menos terán que pagar polos medicamentos.
“Poderíase facer o que fixeron os socialistas no 2010; apostar por incrementar o IVE e provocar que todos paguen máis e de forma indiscriminada. Deste xeito os medicamentos subían por igual a ricos e pobres, a pensionistas e parados. Fronte a esta nefasta medida, os populares apostan por un copago solidario de medicamentos. De feito algúns pagarán un pouco máis para que outros non paguen”-manifestou Balseiro
Asegurou o Secretario Xeral dos populares lucenses que a reforma sanitaria que puxo en marcha o Executivo de Mariano Rajoy protexe a quen máis o precisa.
“Con respecto aos desempregados: os parados de longa duración sen prestación por desemprego non pagarán nin un euro polos medicamentos e os parados que reciben a prestación por desemprego, pagarán como os cidadáns en activo. Con respecto aos pensionistas, aqueles con pensións non contributivas non terán que pagar nada polos medicamentos, os que teñan unha renda inferior aos 18.000 euros ao ano, como moito terán que pagar 8 euros ao mes e aqueles cunha renda superior aos 18.000 euros ao ano, terán que pagar como máximo 18 euros mensuais”- manifestou Balseiro.
Por outra banda, o Secretario Xeral do PP en Lugo indicou que os cidadáns en activo que non teñan a obriga de tributar por ter ingreso baixos ou pertenzan a familias numerosas pagarán o mesmo que ata agora polos seus medicamentos: o 40% do seu valor de mercado. Así mesmo, os que tributen pagarán un 10% máis polos seus medicamentos. Isto quere decir que se abonarán 34 céntimos por unha caixa de paracetamol con receta, agora 43 céntimos. E se abonaban un euro por un antibiótico convencional, agora abonarán 1.25 euros- asegurou Balseiro.
Con respecto ao plan de pago a proveedores nas administracións locais, dixo Balseiro que este programa vela polo cumprimento dos compromisos financieiros adquiridos por tódalas AAPP. No que atinxe a Galicia, dixo o Secretario Xeral dos populares lucenses, que o PP facilitará que se saquen adiante os plans de axuste nos concellos onde sexa oposición para que poidan acceder ao Plan de Pago a Proveedores. Asemade lembrou Balseiro que Galicia, ten maior liquidez porque está entre as comunidades que máis e mellor está colocando a súa débeda, mantendo un diferencial respecto a outras autonomías de ata tres puntos e cun aforro no pago dos intereses superior aos 200 millóns de euros.
A vindeira Asemblea informativa terá lugar mañá xoves, ás 21h no Salón de Actos da Casa do Mar en Burela, na que estará presente o Presidente Provincial, José Manuel Barreiro.




















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



