ECONOMÍA E INDUSTRIA FACILITA CO RE-IMAXINA O ACCESO AO FINANCIAMENTO PARA IMPULSAR A COMPETITIVIDADE DAS PEMES GALEGAS
Con este programa apóiase a posta en marcha de novas iniciativas de investimento, así como a apertura de liñas de negocio
As empresas, que deberán presentar as súas solicitudes ata o 14 de setembro, poderán acceder a créditos de ata 120.000 euros con condicións vantaxosas
O obxectivo é chegar a máis de 1.000 proxectos de pemes galegas apoiados ao longo desta lexislatura
O programa conta con tres liñas diferenciadas: microcréditos para empresas con menos de 10 empregados, Peme Xove (de menos de 2 anos) e Peme Competitiva (con máis de 2 anos)
Santiago, 26 de xuño de 2012.- A Consellería de Economía e Industria vén de activar, a través do Igape, unha nova edición do Re-Imaxina, un programa que ten por obxectivo impulsar a competitividade das pemes galegas facilitándolles o acceso ao financiamento para a posta en marcha de novas iniciativas de investimento e a apertura de liñas de negocio, contribuíndo así á creación de emprego.
Con esta nova convocatoria prevese chegar á cifra de máis de mil proxectos de pemes apoiados ao longo da lexislatura ao abeiro deste programa nas distintas edicións. O programa conta con tres liñas diferenciadas que lles permitirán aos beneficiarios acceder a préstamos de ata 120.000 euros con condicións vantaxosas: Microcréditos (para empresas de menos de 10 empregados), Peme Xove (de menos de 2 anos) e Peme Competitiva (con máis de 2 anos).
As operacións formalizadas ao abeiro do Re-Imaxina contarán co aval dunha sociedade de garantía recíproca polo 100% do importe do financiamento. Os interesados deberán presentar as súas solicitudes na entidade de crédito ata o vindeiro 14 de setembro. Colaboran con este plan Caixa Rural Galega, Banco Etcheverría, Banco Gallego, Novagalicia Banco, BBVA, Banco Pastor, Banco Popular Español e Targobank, así como as sociedades de garantía recíproca Sogarpo e Afigal.
Liña de microcréditos
Poderán beneficiarse da liña Microcréditos as empresas con menos de 10 traballadores e cunha cifra de negocios anual que non supere os 2 millóns de euros. O importe do préstamo, que pode alcanzar ata o 100% dos investimentos financiables, será dun máximo de 25.000 euros, cun tipo de xuro nominal anual fixo do 4,50%. O prazo de reembolso será de 5 anos, incluído ata 1 ano de carencia na amortización do principal.
Financiamento para mellorar a competitividade
Coa liña Peme Competitiva facilítase o acceso ao crédito de pemes que leven desenvolvendo a actividade para a que solicita o financiamento máis de dous anos. O importe do préstamo será de 25.000 ata 120.000 euros, chegando ata un 75% dos investimentos financiables. O tipo de xuro nominal anual variará por semestres e determinarase tomando como tipo de referencia o euribor a 6 meses, máis un diferencial de 2,5 puntos porcentuais. O prazo de reembolso será entre 5 e 7 anos, incluído ata 1 ano de carencia na amortización do principal. Co obxectivo de impulsar a iniciativa emprendedora, na liña Peme Xove, que conta cos mesmos apoios que a liña Peme Competitiva, a porcentaxe de apoio ao investimento chega ata o 90%, e ademáis permite financiar terreos, edificiacións e os aprovisionamentos e gastos necesarios para a posta en marcha do proxecto.
Re-Emprende
Tamén no eido do apoio ao emprendemento, Economía e Industria mantén activo o programa re-Emprende 2012, dotado de 2 millóns de euros, para apoiar os novos investimentos, comprendidos entre 35.000 e 500.000 euros, promovidos por emprendedores ou pemes de recente creación –ata un ano–, ou a posta en marcha de novas actividades por autónomos. As axudas concedidas dentro deste programa parten dun mínimo do 15% do investimento apoiable e poden chegar ata o 50%, no caso das pequenas empresas. Ademais, e dentro do compromiso do actual Goberno coa dinamización empresarial dos territorios amparados por plans especiais como son os Impulsa Lugo, Impulsa Ourense, Plan Ferrol, Eume e Ortegal e Plan Revive Costa da Morte, garántese nestas zonas unha axuda mínima do 25%.






















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



