O BNG SOLICÍTALLE A FEIJÓO E RAJOY UNHA ALTERNATIVA PARA A CONTINUIDADE DE ALCOA NA MARIÑA
Antonio Veiga pídelle ao goberno do Estado que para salvar o emprego teña a mesma celeridade que para salvar a banca
“A inxección de diñeiro á banca converte aos cidadáns en avalistas desta grande estafa”, afirma Antonio Veiga
A Mariña, 25 de xuño de 2012. O responsábel comarcal do BNG na Mariña, Antonio Veiga, demandou esta mañá aos responsábeis do goberno da Xunta de Galiza e do Estado, e nomeadamente ao responsábel da carteira de Industria, o ministro Soria, que poñan enriba da mesa as alternativas necesarias para garantir a viabilidade e a continuidade do funcionamento de Alcoa na Mariña
Veiga Mostrou a súa preocupación “diante do anuncio que a Comisión Europea fixo público en relación co rescate á banca onde se afirmaba que un dos aspectos onde se tiña que concretar o recorte era na limitación do déficit tarifario, algo que nos preocupa moito xa que apunta directamente á situación que se pode dar entre grandes consumidores como Alcoa. Non é de recibo que a Comisión Europea faga este tipo de propostas xa que a día de hoxe noutros estados da Unión, sen ir máis lonxe en Francia ou Alemaña existe un tratamento eléctrico diferenciado para este tipo de empresas e mesmo dentro do propio Estado español co tema dos territorios insulares. Non é de recibo que o goberno do Estado mobilice recursos públicos para salvar ao sistema financeiro até o punto de ter inxectado ao mesmo 150.000 millóns de euros aos que debemos sumarlle a cantidade que se vai aportar a través do Plano de Rescate, polo que hai que esixir esa mesma celeridade para salvar os 2.000 postos de traballo directos que hoxe ocupa o complexo de San Cibrao así como toda a actividade económica que na comarca da Mariña está asociada a esta empresa”.
Antonio Veiga esixiu, unha vez máis, que os distintos responsábeis se aclaren diante desta situación e que o Goberno do Estado e o Goberno autónomico poñan enriba da mesa solucións que garantan o futuro da planta de Alcoa. “É hora de deixar a un lado os triunfalismos e a demagoxia co suposto apoio a Alcoa e aos seu traballadores, e que se anuncien solucións. Se o ministro Soria, o presidente Feijóo ou a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, teñen esas solucións, que as digan xa e deixen de xogar ao despiste con anuncios que non se concretan en propostas”.
Á situación de incertidume que se está a vivir nesta empresa galega, que xera máis de 2.000 empregos e aporta máis do 30% do PIB lucense, hai que sumarlle a preocupación que engaden as declaracións da canciller Alemana, Ángela Merkel, sobre a repercusión do rescate na eliminación do déficit tarifario.
“Desde o BNG da Mariña esiximos que a mesma axilidade e rapidez coa que se lle buscan solucións aos problemas da banca, provocados pola mala xestión dos seus directivos e da falla de control dos gobernos central é autonómico, sexa empregada para lograr unha tarifa eléctrica reducida para as empresas que son grandes consumidoras e as comunidades autónomas con excedente de produción. Todos os galegos e galegas pagan as consecuencias do buraco deixado pola nefasta xestión dos ex directivos das caixas galegas e que foi permitida pola Xunta de Galiza, e que supón 7.000 millóns de euros, é dicir o 12% do PIB galego, pero ningún responsable político está a presentar solucións para Alcoa”.
Non é un rescate, é un secuestro: Europa imporá condicións
O portavoz nacionalista na Mariña volveu denunciar no día de hoxe, coincidindo coa petición de rescate á banca por parte do Goberno do Estado, as consecuencias que para a comarca da Mariña e para o conxunto do país vai ter “a inxección de diñeiro á banca por medio do FROB, na medida en que esta decisión convirte ao conxunto dos cidadáns en auténticos avalistas desta grande estafa. Hai que reparar na letra pequena das condicións que determina a Comisión Europea e que van ter repercusións tanto no aumento do IVE, algo que grava por igual a todo o mundo e que repercute máis gravemente en Lugo polos baixos salarios e pensións; así como outras medidas tal que a conxelación das pensións, cando sabemos que en Lugo é un colectivo maioritario e que por riba ten as pensións máis baixas do Estado; e outras que mesmamente van significar un problema para o desenvolvemento económico e territorial da comarca e de Galiza no sentido en que o Estado está a estudar o estabelecemento de peaxes para as autovías fundamentalmente para aqueles tramos que a día de hoxe xa están en construción, o que provocaría que isto afectase a tramos centrais para a comunicación da Mariña con Galiza e o resto do Estado, como moitos da autovía do Cantábrico.



















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



