O Burela FS Pescados Rubén colle vantaxe na serie ante o Martorell
Vista Alegre viviu unha noite de emoción desbordante no primeiro partido da serie que enfronta a Burela FS Pescados Rubén e Sala 5 Martorell polo ascenso a Primeira. A afección foi fiel á cita e tirou do equipo nos momentos máis complicados, e celebrou despois por todo o alto a vitoria diante dos cataláns nunha agónica tanta final de penaltis. Os mariñaos levan agora vantaxe na serie e terán o vindeiro sábado (18.00 horas) en Cataluña o segundo partido polo ascenso.
A imaxe viuse na noite do venres na ‘bomboneira’: unha morea de camisetas laranxas manteaban a Juanma primeiro, e Iago despois, trala explosión final de xúbilo. Non era unha imaxe gratuíta. A marea laranxa agradecíalle así ao de Alfoz, logo de fallar un penalti na rolda decisiva, que sempre será o seu Mariscal. Por moi mal que veñan dadas. Unha forma como calquera outra de agradecerlle a pila de goles e as tardes de gloria que protagonizou (e protagoniza) para gloria do conxunto laranxa ao longo de anos desexando unha oportunidade coma esta, só que ese era o momento. E non hai mellor xeito de definir a esta afección ca este xesto incondicional hacia os seus. Unha imaxe que perdurará na retina das preto de 1.200 persoas que enchían Vista Alegre. Pase o que pase xa nesta eliminatoria, a comunión entre grada e equipo está clara. E non ten rival.
Os partidos de play off non teñen lei. Empezou o Burela FS Pescados Rubén como un vendaval e tivo unha ocasión clarísima nada máis comezar o encontro, logo dun saque de córner, pero o estado dunha pista que sufría a condensación no ambiente e os nervios xogáronlle unha mala pasada ao cadro laranxa, que sufriu mais da conta no primeiro tempo. Diego Blanco adiantou aos visitantes no minuto 4 e os de Julio Delgado intentábano contra a súa propia ansiedade e o estado da pista, que semellaba suar coma a grada de Vista Alegre ante a envergadura do reto.
As ocasións sucedíanse para os dous bandos con desconcertante regularidade. O primeiro tempo non tivo dono. Pero tal era a convicción dos burelaos que o adestrador local dispuxo o porteiro xogador no minuto 17, ante a necesidade de anotar. E tal vez impelido pola necesidade de recuperar un pouco de cordura no dominio da pelota. Desde entón o Burela foi un equipo máis recoñecible, controlou o xogo e só cedeu contadas oportunidades para o Martorell. O burelao Iago Míguez foi quen de anotar o primeiro para os locais no minuto 18 nunha contra vertixinosa (1-1) e o equipo retirouse ao descanso con táboas no electrónico.
A segunda parte foi de atafegante dominio laranxa, como asfixiante era o ambiente, que se encargaba de facer impracticable a pista por momentos. Os últimos minutos foron eternos. Iago Míguez volveu a marcar nunha actuación espléndida (1-2. Minuto 34), de novo de disparo cruzado, outra vez coa dereita. Un gol que se berrou con intensidade na bancada. Pero o Martorell sacou porteiro xogador no minuto 36 e Kiko coou a pelota con suavidade nunha acción de ataque dos visitantes que devolvía a igualdade no 37 (2-2).
Cinco minutos de prórroga intensa coas últimas oportunidades deron paso á quenda de penaltis. Marcaban Purao, Cristian e Ique polo Burela FS e fallou Cindu o segundo do Marorell. Xa case estaba, pero non tivo sorte Juanma no seu lanzamento. Cleber poría o cuarto gol a favor do equipo laranxa e a Mare concedéuselle o seu a pesares das dúbidas (o balón semellou dar no pau antes de saír disparado, pero os árbitros interpretaron que dera no metal interior da portería). Era tempo para a sorte do fallo. O que marra, perde. E anotou Víctor e fallou Suzuki, así é o deporte. E así o celebrou Vista Alegre.
Ficha do partido
Burela FS Pescados Rubén: Iago Barro, André, Víctor, Iago Míguez e Juanma. Tamén xogaron Purao, Ique, Cleber e Cristian.
Sala 5 Martorell: Pol, Jordi, Alex Peramos, Diego Blanco e Mark Areny. Tamén xogaron Negro, Suzuki, Ignasi, Kiko, Cintu e Guille Aubach.
Incidencias: ambiente de gala no pavillón Vista Alegre cuns 1.200 espectadores. Arbitraron Miguel Velasco e Viedma Martín.





















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
