O Concello abre o prazo de solicitude de permiso para as fogueiras de San Xoán
-A veciñanza dispón ata o 21 de xuño para presentar a petición nas dependencias do Concello
-A Delegación de Seguridade pide precaución e responsabilidade, especialmente no acendido, queima e apagado da cacharela
Cervo, 17 de xuño de 2012-O Concello de Cervo, a través da Delegación de Seguridade, anuncia a apertura do prazo para solicitar permiso para realizar fogueiras na noite de San Xoán. Un trámite que resulta imprescindible para poder acender unha cacharela nesa data festiva. Para iso, aquelas persoas que teñan previsto facer unha fogueira deberán presentar a solicitude indicando coa máxima exactitude posible o lugar onde realizarán a cacheira e achegando o nome do solicitante, que deberá ser maior de idade, e un teléfono de contacto. En todo caso, só será precisa unha solicitude por fogueira, que deberá entregarse nas dependencias do Concello antes das 15:00 horas do 21 de xuño.
O obxectivo de ter un control do número de cacharelas que se acenden na noite de San Xoán é poder poñer en marcha medidas de prevención para evitar posibles incidencias, coa activación dun dispositivo de seguridade composto por voluntarios de Protección Civil, tal e como se vén facendo nos últimos anos.
Ao mesmo tempo, dende a Concellería de Seguridade solicitan á poboación que “dispoña todas as precaucións necesarias para que a noite de San Xoán sexa lembrada unicamente como unha noite de festa” explica o seu responsable, José Ramón Soto. Ao mesmo tempo, o edil pide que se eviten as actitudes temerarias ao redor da fogueira, que non se boten nela elementos contaminantes ou altamente inflamables e que se teña especial coidado no control do lume.






















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



