O CONCELLO PROCEDE HOXE A ARRANXAR A RONDA DO CÁRCERE CON FONDOS PROPIOS. ADEMÁIS RIBADEO RECIBIRÁ DO PEIM 72.000 EUROS QUE SE DESTINARÁN, SEGUNDO O ALCALDE, A ARRANXAR UN TREITO DA SUBIDA A NOCEDA. SUÁREZ BARCIA AGARDA QUE A DEPUTACIÓN DE LUGO TAMÉN ARRANXE OS VIAIS PROVINCIAIS.
Ribadeo, 20 de xuño de 2012. O Concello procede hoxe a arranxar a Ronda co Cárcere con fondos propios, segundo anuncia o alcalde, Fernando Suárez. Ademáis Ribadeo recibirá do PEIM 72.000 euros que se destinarán a arranxar un treito da subida a Noceda. O rexedor asistiu en Lugo á sinatura do convenio correspondente esta mañá.
Fernando Suárez sinalou que “son momentos complicados os que estamos a vivir porque as administracións cada vez teñen menos diñeiro, tanto cos concellos como a Xunta ou a Deputación, pero con todo debemos seguir facendo actuacións que melloren as vías de comunicación. Iste é o caso do convenio que acabamos de asinar en Lugo, polo cal Xunta e Ministerio investirán 72.000 euros para facer un treito importante da subida a Noceda con aglomerado asfáltico, tendo en conta que esta subida desde a parte costeira da Devesa ata a parte interior que comunica con Covelas e con Arante é un treito moi demandado por moita xente das parroquias do interior, que así evita ter que dar unha volta pola vila de Ribadeo”.
Para o alcalde “ista é unha infraestructura que está moi deteriorada, aínda que hai uns meses fixemos un rebacheo importante, pero agora con esta capa de aglomerado asfáltico que desde o goberno municipal decidimos concentrar nese vial para poder facelo máis accesible desde as parroquias do interior cara a costa”.
Suárez Barcia explicou que “tamén estamos a realizar actuacións no ámbito urbano na zona da Ronda do Cárcere xusto ao pé da Escola de Música, nun treito do que levamos recibido moitas queixas, había xente que caía e que tropezaba polo estado degradado do chan, e nesta mañá estamos a actuar dándolle unha nova capa de aglomerado asfáltico”.
E engadiu que “con estas pequenas cousas tanto na vila como nas parroquias seguimos traballando e confiando en que nos próximos días tamén a Deputación Provincial de Lugo nos bote unha man, que será a que lle boten a todos os veciños e veciñas do concello e non só ao goberno municipal de Ribadeo”.

























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



