Exito de público na 1ª xornada de portas abertas organizada pola Escola de Imaxe e Son
– Centos de lucenses participaron nunha xornada que acadou o seu obxectivo de dar a coñecer a preparación que os alumnos da Escola reciben de cara a súa inserción laboral
-Numerosos representantes de produtoras, medios de comunicación, centros educativos e asociacións participaron nas prácticas de radio, televisión e fotografía
-Mañá clausúrase oficialmente o curso co cineasta Ángel de la Cruz como padriño da oitava promoción da EIS
Centos de lucenses participaron este mércores na primeira xornada de portas abertas, Habertic, organizada pola Fundación TIC nas instalacións da Escola de Imaxe e Son de Lugo, o único centro público da provincia que imparte ensinanzas da rama auidiovisual. Os alumnos da Escola, co apoio de docentes e técnicos, puxeron en práctica os coñecementos adquiridos durante o curso a través de obradoiros de radio, televisión e fotografía abertos á participación de todos os que se achegaron ata as instalacións da EIS ó longo da xornada. Dende as 10:00 ata as 22:30 horas, Habertic incluíu a proxección das curtametraxes producidas e realizadas polos alumnos da promoción 2011-2012, catro representacións teatrais e a entrega dos premios TIC ós mellores traballos, elixidos polos propios alumnos.
O Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación e patrono da Fundación TIC, José Ramón Val Alonso, quixo agradecer a destacada participación dos lucenses nas actividades desenvolvidas ó longo do día, porque “queremos abrir a Fundación TIC á tódolos sectores da sociedade, que coñezan o labor diario que técnicos e alumnos realizan, facendo prácticas reais cos mellores medios, o que supón unha inmellorable preparación de cara á súa futura incorporación ó mercado laboral”
A TIC coa sociedade lucense
Representantes de produtoras, organizacións relacionadas co mundo audiovisual e medios de comunicación coñeceron de primeira man a formación adquirida polos alumnos durante o curso. Entre outros, Lugopress, Amalgama Comunicacións, Trasmedia Comunicacións, Imaxina Deseño, Arcavisual, Estudos Abrigueiro e responsables da Semana Internacional de Cine de Autor. Tamén foron testemuñas das actividades desenvolvidas membros da Federación de Asociacións de Veciños e outras organizacións coas que colabora habitualmente a TIC, como o clube de hockey Lóstregos e “Proxecto Danza”. A nota de cor puxérona varios membros das Cohors Lucensium ataviados de soldados romanos.
Ó longo de todo o día tamén participaron varios centros educativos. Alumnos e profesores dos IES Lucus Augusti, Muralla Romana, Leiras Pulpeiro e A Nosa Señora dos Ollos Grandes; dos colexios San Xosé e Padres Franciscanos e das Escolas de Idiomas, Artes Aplicadas e Tradescola, que colaboraron cos alumnos da Escola de Imaxe e Son na realización de prácticas de radio, fotografía e televisión.
Radio, televisión e fotografía na EIS
Unha das actividades que máis éxito acadou entre o público participante foron as que tiveron lugar no obradoiro de televisión, no que os alumnos da EIS amosaron como funciona un equipo televisivo, cun set de entrevistas, un fotocall con “cromas”, unha unidade móbil e un equipo de reporteiros gráficos. Tamén o programa de radio que se realizou neste obradoiro foi moi participativo, con entrevistas a alumnos e exalumnos, a representantes de diversas organizacións e a moitos dos lucenses que se achegaron ata o estudo. O programa radiofónico escoitouse en directo a través dun sistema de megafonía e incluíu seccións nas que se lembraron fragmentos das prácticas feitas durante o curso. Habertic tamén incluíu a proxección continua de todas a curtametraxes “Devil”, “Enfoques”, “O xogo da pólvora” e “Sen Saída”, producidas e realizadas polos alumnos ó longo do ano,
Un gañador de tres Goyas coma padriño
Este xoves terá lugar no salón de actos da Deputación o acto de clausura do curso académico 2011-2012, será presidido polo máximo responsable da Fundación, José Ramón Gómez Besteiro. O acto contou coa presenza de Ángel de la Cruz, destacado director, guionista e produtor, que exerceu de padriño da promoción. Membro da Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España e da Academia Galega do Audiovisual, ten no seu haber tres premios Goya, o último deles ó mellor guión pola longametraxe de animación “Arrugas”.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



