Tra-las declaracións verquidas polo Presidente da Deputación de Lugo sobre a empresa ALCOA
O Grupo Provincial Popular dille a Besteiro que se necesita menos protagonismo mediático e máis xestión
Pídelle que explique que xestións que levou a cabo diante do Ministerio de Industria en cumprimento do mandato acordado por unanimidade no Pleno provincial, onde compre lembrar, aprobouse unha moción a proposta do Grupo Popular
O Señor Besteiro ven agora preocupándose por ALCOA cando no seu momento tivo a oportunidade de velar pola empresa e deixou que os seus homólogos en Madrid incurrisen nun alto déficit tarifario
Os populares trasladan total tranquilidade dada a preocupación e a xestión que ten iniciada o Presidente da Xunta para solucionar este problema
Lugo, 20-6-2012- O Grupo Provincial do Partido Popular dille a Jose Ramón Gómez Besteiro que se necesita menos protagonismo mediático e máis xestión a favor da continuidade de Alcoa.
A voceira dos populares na Deputación de Lugo, Elena Candia, lémbralle ao Señor Besteiro que na sesión plenaria do pasado mes de abril chegouse, por unanimidade, a un acordo que obriga a traballar e xestionar ao Presidente da Deputación.
Sen dúbida e enlazando cunhas declaracións que fixo o Señor Besteiro nos pasados días sobre a oportunidade dunha declaración institucional, Candia afirma que este acordo plenario fai innecesaria
outra declaración e obriga a traballar dunha maneira distinta por parte do Presidente da Deputación.
Di a Voceira dos populares que chegado este momento, e cando hai un acordo unánime por parte de tódalas forzas políticas, o que tiña que facer o Señor Besteiro é dar conta ao Presidente do Comité da multinacional ALCOA, das xestións que fixera despois dese acordo plenario, expoñerlle o traballo realizado e os resultados acadados se fose o caso.
Sorpréndelle aos populares que meses despois que se chegue a ese acordo, salga o Señor Besteiro decindo que o que vai facer é unha declaración institucional obviando ese traballo previo que tiña que haber feito.
Afirma Elena Candia que o Señor Besteiro ven agora preocupándose por ALCOA cando no seu momento tivo a oportunidade de velar pola empresa e deixou que os seus homólogos en Madrid incurrisen nun alto déficit tarifario. Insta a voceira dos populares ao Presidente da Deputación a que se deixe de menos ansia de protagonismo e máis xestión.






















Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



