Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela , teñen que expresar publicamente o abandono unha vez máis de E.Goberno no que ao turismo se refire, pois semella que para o PP de Foz o turismo so consiste en viaxar a FITUR, como así fixeron este ano dous membros do E.G. a conta dos impostos dos veciños.
Nestes días puidemos recoller diferentes queixas de turistas que chegaron ao noso pobo, e non puideron acudir a O.Turismo posto que permaneceu pechada a maioría dos días da ponte (17,18,20 de maio), e segundo as nosas información xa non é a primeira vez que pasa isto.
A ponte do 17 ao 20 de maio, foi unha data que aproveitaron algúns veciños para viaxar e coñecer o noso pobo, pero cal sería a sorpresa e decepción ao ver que un Pobo coma o noso, que tiña que coidar e apostar decididamente polo turismo, resulta que unha vez máis este goberno pasa de todo é non é que de organizar o persoal, para que estas cousas non sucedan.
UNIFOZ, entende e respecta que os traballadores municipais teñen dereito a vacacións e permisos correspondentes, pero non pode compartir que en datas sinaladas a oficina de Turismo teña pechada.
Terá algo de relación esta forma de actuar con iso de QUERO FOZ; COIDO FOZ::? .
“Quero Foz” é ter como ten a rúa Paco Mañón, ou o Xardín da Congostra do Cura, ou o Paseo de Cangas………
“Quero Foz “, tamén é prohibir un ano máis que a xente non poda utilizar os xardíns da rapadoira para esparcemento polo día, sen importarlle o que pasa pola noite, que en lugar de ordenar a zona, como lle propuxo UNIFOZ,, prefire que a xente se marche para outros concellos como xa fixo o ano pasado.
Dende UNIFOZ, xa lle anunciamos que loitaremos para que o E.Goberno rectifique a súa decisión e ordene a zona, para que sexa compatible o decoro e a imaxe de Foz, con que os veciños podan utilizar esta zona como fixeron dende sempre, pois posiblemente é máis preocupante a imaxe que se produce de noite que non de día , algo que ao E.Goberno, non parece importarlle.
Este “ E.Goberno “ despois de una ano de goberno segue demostrando que non sabe gobernar, deficiente aposta polos actos culturais e lúdicos como o demostraron na deficitaria organización das festas do ano pasado (cerca de 60.000 € de empeño e na revista das festas con 100 anuncios, so pagaron anuncio 47, suspensión das xornadas da Historia de Educación onde Foz é unha referencia);preto de 13.000 de déficit na festa do Berberecho, déficit tamén nas festas do Entroido con case 5.000 € deficitaria aposta en S.sociais, con redución no servizo de axuda no fogar.
Unha vez máis temos que afirmar que a este goberno do PP, so lle preocupa ingresar máis, pero sigue gastando sen control como o demostra tamén polos 490.000 €, que quedaron fora de contabilidade do ano 2011.
















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



