A CONSELLERÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN MÁIS DE 225.000 EUROS A
22 CONCELLOS LUCENSES PARA PROGRAMAS CONTRA O ABANDONO
ESCOLAR
É a primeira vez que a Xunta convoca este tipo de axudas, cun orzamento total de máis
1.358.035 euros, para desenvolver actividades de apoio e reforzo educativo
O departamento dirixido por Xesús Vázquez continúa a traballar para favorecer o
desenvolvemento de actividades a prol da formación integral do alumnos en 132
concellos galegos
Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2012.- A Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria ven de conceder axudas por valor de 227.301,28 euros para que
22 concellos lucenses desenvolvan programas contra o abandono escolar.
En total a Consellería repartirá entre o mes de xaneiro e agosto do presente ano 1.358.035
euros para que os 132 concellos que solicitaron as citadas axudas, que beneficiaran a preto
de 40.000 persoas.
Innovadora iniciativa
Esta innovadora iniciativa ten como obxectivo procurar dunha banda a redución do
abandono temperán dos estudos por parte daqueles que nestes momentos están estudando.
Deste xeito aquel alumnado con menor motivación e capacidade de aprendizaxe recibirá
respostas adaptadas as súas necesidades.
E, por outra banda tratase de das unha nova oportunidade as mozas e mozos galegos que
abandonaron o sistema educativo, de formar que poidan prepararse para as probas de
obtención do graduado en educación secundaria obrigatoria ou para incorporarse a estudos
de formación profesional de grao medio ou de bacharelato.
Amais o programa ten entre os seus propósitos favorecer a atención educativas dos
colectivos vulnerables, como o alumnado inmigrante ou o alumnado en risco de exclusión
social e impulsar a coordinación entre organización e institucións do contorno para diminuír o
abandono escolar.
Os datos da distribución das axudas segundos os concellos solicitantes foi publicada esta
semana no Diario Oficial de Galicia, no enlace web: http://www.xunta.es/dog/Publicados/
2012/20120711/AnuncioG0164-040712-0002_gl.html











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



