A XUNTA ENTREGA UN VEHICULO TODOTERREO PARA PROTECCION CIVIL E EMERXENCIAS AO CONCELLO DE FOZ (LUGO)
Foz (Lugo) , 31 de xullo de 2012.- A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza vén de publicar no DOG a cesión gratuíta dun vehículo todoterreo ao Concello de Foz, na Mariña lucense, que se destinará a funcións de protección civil e emerxencias municipais.
O vehículo que se entrega pertence ao parque móbil xeral da Xunta de Galicia e é un todoterreo marca Nissan idóneo para o emprego por parte da Protección Civil de Foz, que leva traballando na localidade dende fai quince anos.
Esta cesión reafirma o compromiso da Xunta de Galicia pola eficacia e eficiencia dos nosos corpos de emerxencias, o que vai redundar de forma moi positiva na cidadanía galega.
O Asociación de Voluntarios de Protección Civil de Foz leva traballando no Concello desde 1997 e conta con mais dunha vintena de voluntarios. Durante o ano pasado mobilizouse en máis de 200 ocasións, como poden ser accidentes en estradas, incendios, verteduras ou atencións sanitarias.