O Concello pon en marcha un novo servizo de recollida gratuíta de residuos eléctricos e contaminantes
-As persoas usuarias terán que depositar os aparellos na nave de obras municipal situada no polígono de Cuíña durante o seu horario de apertura
![]()
Cervo, 19 de xullo de 2012-A delegación de Medio Ambiente do Concello de Cervo anunciou hoxe a posta en marcha dun novo servizo gratuíto de recollida daqueles residuos que non se poden depositar nos colectores de lixo tradicionais, é dicir, que pola súa natureza conteñan elementos contaminantes ou con necesidades específicas de tratamento.
As persoas que queiran desfacerse dalgún aparello con esas características deberán achegar os residuos ata a nave de obras municipal, situada no polígono de Cuíña, os luns, martes, xoves e venres entre as 9:00 e as 13:00 horas e os mércores de 16:00 a 20:00 horas. Será imprescindible que os usuarios deste servizo respecten ese horario e depositen os obxectos no interior da nave para evitar a acumulación de residuos contaminantes na rúa. Os aparellos serán almacenados nesas dependencias e posteriormente serán retirados por xestores autorizados que se encargarán do seu tratamento.
Entre o tipo de residuos que se poderán desbotar atópanse grandes e pequenos electrodomésticos, equipos de informática e telecomunicación, aparellos eléctricos ou electrónicos, xoguetes e equipos deportivos ou de tempo libre, instrumentos de vixilancia e control, lámpadas fluorescentes, de baixo consumo, luminarias compactas con lámpadas fluorescentes ou de baixo consumo e luminarias sen lámpadas.
Coa activación deste novo servizo para a veciñanza, o Concello “da un paso más en la mejora de la recogida y gestión de los residuos, poniendo a disposición de la ciudadanía un punto concreto para el depósito de aparatos que por sus características necesitan un tratamiento específico” explica a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso. A concelleira agarda que “esta iniciativa tenga una buena acogida por parte de los cervenses”, con la que “pretendemos facilitar la tarea de deshacerse de un electrodoméstico u otros aparatos que no se pueden depositar en los contenedores situados en las calles, y al mismo tiempo fomentar la colaboración ciudadana en el cuidado del medio ambiente, evitando la creación de vertederos incontrolados” remata Alonso.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



