Lourenzá, 31 de xullo de 2012. Son moitos os que nas últimas datas están a por o berro no ceo debido á xá famosa reforma das administracións locais, un deles o noso rexente o Señor Vidal Martínez-Sierra e dende o BNG de Lourenzá coincidimos con el en moitas cousas, sobre todo cando afirma a necesidade de ter un salario digno o cal lle permita desenrolar a súa vida privada dun xeito de igual modo digno, apoiamos tamén a súa opinión sobre as Deputacións ou o Senado, pois ao noso entender son institucións obsoletas e sen valor real hoxe en día, pero polo que non estamos dispostos a pasar e por outro tipo de manifestacións, pois o axuste nos Concellos con regulación salarial si é preciso para combater os desmáns salariais que se están a producir.
Sorpréndenos ler a súas declaracións neste intre e con respecto a este tema cando no noso Concello os temas de interese nacional non se tocan debido a certa “normativa municipal” imposta, ¿por qué non se manifestou libremente do mesmo xeito sobre a reforma laboral ou sobre a reforma fiscal ?, será porque agora lle toca o seu peto e non o dos demais, ¡pois señor Alcalde aveces hai que comer o chocolate ainda que sexa amargo!.
Por outra banda entristécenos comprobar a súa falla de contacto coa realidade cotiá da maioría dos cidadáns, pois moitos deles suspirarían aliviados si puidesen conseguir un contrato de traballo que lles reportase 15.000 € ao ano, e imaxínese si como vostede puideran dispoñer de dous traballos a escoller, iso é o sono dourado de calquera mortal nestes tempos, e como dixo, ¿qué ia a facer vostede con 15.000 € en Lourenzá?, pois non o sei, cada un e cada un, ¿pero que cre vostede que fan os demais?, xente que na maioría dos casos mantén as súas unidades familiares dentro do noso Concello por moito menos que eses “míseros 15.000 €”, pensionistas, parados, que por certo se incrementaron no noso Concello nun 78,3% só nos últimos 3 anos, ¡somos record de creación de “parados” na Mariña nos últimos 3 anos! ¿canto cre vostede que gaña un obreiro de Hermida ou un asalariado dunha industria forestal de Lourenzá?, pois eles tamén viven, ou malviven, segundo como se mire, grazas en parte, a certas medidas aprobadas polo goberno, medidas que nestes casos parecen non merecer a súa opinión dado o que todos puidemos ver. Máis ainda, xa que segundo vostede di isto é o “chocolate do loro”, para nos o verdadeiro chocolate está en recortar 10.000 millóns de € na sanidade pública e na educación pública mentres a banca privada recibiu máis de 129.000 millóns de € de axudas do estado dende que comezou a crise e só ate 2012 sen contar cos anunciados 100.000 millóns de € que o fondo de rescate europeo vai a por ao dispor da banca privada e que posteriormente pagaremos todos, señor Martínez-Sierra, aquí si que hai chocolate, e non do doce precisamente.
O certo é que ao noso entender as súas declaracións non fan máis contribuír un pouco máis se cabe ao descrédito actual da clase política, comprobamos como a súa falla de tacto e sensibilidade para cos demais é patente e recórdanos a certo presidente do goberno Español que non sabía nin o que valía un café, señor Martínez-Sierra, que vostede defenda os seus intereses persoais parécenos lóxico dado que así o tratamos de facer día a día todos nas nosas vidas, nos nosos traballos, os que por sorte “de momento” ainda o temos, pero que queira ignorar vostede a moitos dos seus veciños que con familias moito máis longas ca súa subsisten con moito menos “deses” 15.000 € xá é demasiado, consideramos pois que por respeto a eles e a tódolos demais que estamos a sufrir as consecuencias deste desaguisado como mínimo deberiamos de por os pés na terra, baixar do noso pedestal para tocar e comprobar por nos mesmos, ainda que só sexa unha vez o que é a realidade, e tal vez, so tal vez así poder rematar xá con esta nova clase social denominada “a dos políticos”, que só parece querer reaccionar cando alguén ou algo ameaza seriamente a súa burbulla.





















As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



