O Partido Popular de Mondoñedo tacha de irresponsables as declaracións do Sr. Alcalde en relación aos procesos de selección do persoal do Grumir dos concellos da comarca, pídelle a súa rectificación e pon en dubida a transparencia na súa xestión
Os populares critican que se solicite o c1 para o posto de capataz do Grumir cando a priori pola información dada por persoal do concello a administración local non dispón de ningún vehículo que requira ese permiso
PP critica que a falta de temario obxecto para a proba teórica así como a inclusión dunha proba física que os aspirantes descoñecen en que consiste pon en dubida a transparencia da que tanto presume
Mondoñedo, 19 de xullo de 2012- O Partido Popular de Mondoñedo informa aos veciños sobre as bases que regulan a selección dos Grumir, Grupos Municipais de Intervención Rápida, tras insistir en varias ocasións sobre a necesidades de materializar este proceso de contratación e criticar o retraso na xestión por parte do goberno municipal. O Partido Popular de Mondoñedo asegura que son máis de 90, o número de persoas que aspiran a acadar unha praza, polo que manifesta a súa repulsa tanto pola falta de información como polo retrato na xestión, convertendo ao Concello de Mondoñedo na única administración que non ten contratado polo momento estes efectivos.
O Partido Popular critica a falta de responsabilidade xestora do goberno bipartito e recurre a frase “dime do que presumes e direiche do que careces”, en relación as afirmacións “provocadoras e temerarias” manifestadas polo rexedor local, Orlando González, ao acusar ao resto dos alcaldes da comarca de contratas aos Grumir á dedo, pedindo a súa rectificación.
Tralo estudo das bases, o populares pregúntanse para que se exise como capataz o carnet C1 cando segundo información facilitadas polo propio persoal do Concello, non consta no Parque Móbil do vehículo que requira tal titulación. Os populares tamén poñen en dúbida a suposta transparencia da que presumía Orlando González, sobre todo tendo en conta que os aspirantes neste momento descoñecen o temario da proba teórica, consistente en contestar por escrito no tempo máximo dunha hora, un cuestionario de 20 preguntas curtas e/ ou tipo test que din que estarán relacionadas coas funcións da propia praza. As bases tamén inclúen un segundo exercicio de caracter tamen obrigatorio e non eliminatorio consistente na realización de probas de aptitude física axeitadas para comprobar a existencia de capacidade necesaria para as fincions que van a desempeñar.
Polo tanto o Partido Popular considera que unhas bases demasiados imprecisas e a falta de temario non acreditan a transparencia da que presume o bipartito. O Grupo Municipal do PP tampouco entende a escasa importancia, en relación coa proba teórica, que se lle dá a formación.
DEIXADEZ DO BIPARTITO
O Partido Popular de Mondoñedo manifesta que a deixadez na xestión do bipartito ponse de manifesto na materialización e o bo funcionamento dos servizos diarios, e pidelle que non se repita o estado da praza da catedral nun momento de visitas turísticas, “cada dia demostran que o turismo non lles importa, pero realmente e unha fonte de riqueza para Mondoñedo, e estos erros provocan que os turistas se vaian cunha mala imaxe” asi como pide axilidade na reposición dos contedor de Santa maria Maior, dado que este fin de semana están en festas e a rotura do mesmo, provocará transtornos nun momento no que o lixo se incrementa









López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



