A terceira actividade de ocio activo de natureza deste mes será unha nova ruta de kayaks que mañá martes ás 19h partirá do porto do Vicedo para cruzar a ría e subir un tramo do Río Sor, aproveitando a marea, e alcanzar o punto de Ribeiras do Sor. Despois os participantes regresarán ó punto de partida en furgonetas da organización. O Prezo é de 15 € por persoa e o teléfono de inscrición é o 982 59 01 95. Hai prazo ata mañá martes ás 15h para anotarse. Máis información:Casa da Cultura O Vicedo. Tlf: 982 59 01 95
Ruta de Kayaks desde o porto de O Vicedo ata Ribeiras do Sor
Ruta de Kayaks desde o porto de O Vicedo ata Ribeiras do Sor
Relacionado
-
As crianzas da Escola Infantil Municipal de Cervo tamén quixeron vivir a maxia do San Xoán como se merece
-
O colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, celebrou unha cerimonia de graduación para o alumnado que rematou este curso sexto de Educación Infantil
-
Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre actuarán en outubro en Barreiros co ciclo “Polavilas no paraíso”