A ANPA do CEIP Nº 1 de Foz ten a disposición de tódalas familias do colexio as listas dos materiais escolares facilitadas polos profesores para o vindeiro curso 2012-13
A ANPA do CEIP Nº1 DE Foz sabe que volta ao cole sempre deixa un furado importante nas carteiras das familias con fillos en idade escolar. Xa que este ano os gastos van experimentar un importante aumento, tras o anuncio da subida do 4% ao 21% do IVE na maioría dos materiais de uso escolar a partires do 1 de setembro, supoñendo un esforzo adicional neste momento no que moitas das economías familiares se atopan nunha delicada situación, decidimos poñernos en contacto co Equipo Directivo do centro e co profesorado para plantexarlles a posibilidade de que os pais dos alumnos e das alumnas do centro puidesen ter acceso as listas do material escolar que precisarán os nenos para o vindeiro curso escolar e que sempre eran facilitadas polos titores ao comezo do curso, para así ter a posibilidade adiantarse a suba do imposto e ao sobreprezo que van acadar materiais tan imprescindibles como lápices, bolígrafos, gomas de borrar, cadernos, regras, escuadras, cartabones, etc facendo as compras no mes de agosto.
Agradecer a absoluta colaboración de todos eles pois pese a estar en período vacacional non dubidaron nin un momento en poñerse mans a obra e apoiar a iniciativa da ANPA facilitándonos ditas listas e propoñéndonos toda a colaboración necesaria para facelas chegar aos proxenitores.
Aínda que dende a Asociación estamos intentando poñernos en contacto telefónico con todas e cada unha das familias, de algunhas non dispoñemos de datos actualizados ou non as damos localizado, facemos público que temos a disposición delas estas listas e que para facérllelas chegar se poden poñer en contacto a través do teléfono 667 052 058 ou ben da dirección de correo electrónico marialuisapn@hotmail.com
Tamén informamos que estas listas están colgadas no blog da biblioteca escolar o Bibliochicharrón.






















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



