O VINDEIRO VENRES DA COMEZO A XXII SEMANA NÁUTICA QUE ORGANIZA O REAL CLUB NÁUTICO DE RIBADEO. O 18 DE AGOSTO TERÁ LUGAR A FESTA DO SOCIO. MARIO COTO AGARDA REUNIR A MÁIS DE 600 PERSOAS NESTE EVENTO.
Ribadeo, 8 de agosto de 2012. O vindeiro venres, 10 de agosto, da comezo a XXII Semana Náutica que organiza o Real Club Náutico de Ribadeo.
O presidente do RCNR, Mario Coto, agarda que “esteamos ao mesmo nivel que ao longo destes últimos anos, que sexa unha Semana Náutica moi agradable e moi concurrida porque hai un programa bastante extenso. Empezamos o 10 de agosto coa travesía a Tapia de cruceros e rematamos o 19 de agosto co III Match Race de Raqueros Náutico Lounge Bar”. Coto sinala que “é un programa ambicioso, cada vez vámonos superando en máis cousas. Un ano máis facemos o III Trofeo Manolo Parga, ese torneo tripatirto que temos aí entre o golf, o tenis e o RCNR”.
O 10 de agosto ás 11:30 horas sariá a travesía a Tapia de cruceros. O 11 de agosto ás 7:30 horas celebraráse o II Open de Pesca Semana Náutica RCNR. O día 12 ás 9:30 horas II Campeonato de pesca infantil, ás 10 horas Campeonato de pesca submarina RCNR Illa Pancha, ás 17 horas I Regata de Cruceros restaurante A Dorada do Cantábrico e ás 22 horas Inmersión nocturna a cargo da asociación Illa Pancha.
A Semana Náutica seguirá o 13 de agosto coa XIV Regata de Botes a vela Trofeo Deputación de Lugo, que dará comezo ás 17 horas. O día 14 de agosto ás 12 da mañá iníciase o III Trofeo Copa Manolo Parga e ás 17 horas XXII Regata de Botes a Vela Concello de Ribadeo. O 15 de agosto ás 17 horas celébrase a I Regata de Cruceros La Solana. O 16 de agosto será a XIV Regata de Botes a Vela Trofeo Paradores. O 17 de agosto para as 15 horas está prevista a tradicional zalea a Abres, ás 17 horas será a I Regata de Cruceros restaurante San Miguel e ás 20 horas terá lugar a entrega de trofeos da XXII Semana Náutica.
O día 18 de agosto celébrase a Festa do socio, “que tamén foi implantada por nosoutros no Real Club Náutico de Ribadeo. Teremos churrasco ao espeto e estamos preparando un acto de recoñecemento a algunhas personalidades, que estamos a ultimar na actualidade”. A retirada de tarxetas para asistir a esta festa pódese facer nas instalaciones do RCNR, segundo explica Mario Coto, “ata o momento foron retiradas unhas 400 e agardamos reunir a unhas 600 persoas en total. Este acto ten moi éxito, pero o que máis nos interesa é que sirva de recoñecemento aos socios do Real Club Náutico de Ribadeo para que todos se reúnan entorno a unha mesa a cambiar impresións e a compartir vivencias”. A novidade deste ano é que os fillos dos socios ata 8 anos asistirán gratis a esta cena e os rapaces con idades comprendidas entre os 8 e os 18 anos pagarán 10 euros.
A XXII Semana Náutica remata o 19 de agosto co III Match Race de Raqueros Náutico Lounge Bar, “pero despois seguirán infinidade de actividades e de eventos programadas desde o RCNR”.
O presidente do Real Club Náutico de Ribadeo asegura que “a programación fixémola acorde cos tempos que a todos nos está tocando vivir, sen grandes alardes, queremos ser xustos e comedidos e vixiar pola economía do RCNR e polos socios, que ao fin e o cabo son os que manteñen esta sociedade”.
Mario Coto anima a ribadenses e visitantes a acudir ao porto, “que dean unha volta por alí, que tomen algo, que fagan o paseo tan bonito que temos… merece a pena. Cada vez hai máis afluencia de xente de Ribadeo, estamos moi contentos de ver aos nosos veciños disfrutando do porto deportivo e das actividades que alí organizamos”.


























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
