“JALICIA CEIBE”
As Vodas de Ouro de O Lar (1962-2012) propicia a ollada ó pasado porque 50 anos é un tempo axeitado para a prospección que permita ilacions da relatividade dos feitos e tamén das leccións que poden extraerse delas.
Temos escrito que non somos conforme co contido do famoso verso de Jorge Manrique, según o cal “calquera tempo pasado foi mellor”; non temos atranco para darlle a volta nen acaso o teñan moitas das xentes da nosa quinta: aquelas que os anos da crianza, a nenez e a adolescencia, coincidiron cos da posguerra.…Hai pouco publicamos un artigo no que dábamos conta do que quizá fose o único avento da súa natureza vivido en Foz: a elaboración de viño. A experiencia resultou exitosa ó punto que, animados os artífices, pensaron seguir o camiño da investigación e incorporar á nosa cultura do bebercio novas aportacións dándolles o marchamo de galegas. Eran tempos nos que se iniciaba a moda do “Cuba libre”. O nome espertou os receos de patrioteiros que o consideraban pouco menos que a pretendida colonización dos nosos padais. Daí a proposta de galeguizazon do mesmo a partir do augardente, producto galego por antonomasia. O quiz estaba en dar cunha mestura e tratamento acertado que fixera dela unha bebida agradable, apetecible e a propósito para o alterne, sobre todo nouturno, ou para momentos especiais co distrute de boa compaña, animando o cotarro, sen pasarse, ó que se emplearon os membros da peña; algúns a fondo, con resultados un tanto perxudiciais… A búsqueda da brebaxe ideal esixía a proba concienzuda de cada fórmula proposta coa que non era doado porse dacordo. No que sí houbo consenso foi co nome que se daría ó producto: sería “Jalicia Ceibe”. A idea, tras tanto esforzo, fracasou pois os xa consumidores do exótico combinado negáronse a trocar a cumbia cubana pola muiñeira galega, co evidente malestar dos auto-proclamados defensores a ultranza das sinais de identidade, que tiveron que aceptar o veredicto dos que gañaron sen esforzo: limtáronse a non consumilo, deixando fora de xogo ó ”Jalicia Ceibe”…
Suso Fernández



















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



