OS NACIONALISTAS ADVIRTEN QUE A AUGA VOLVERÁ SUBIR EN BARREIROS NOS VINDEIROS MESES DEBIDO Á APLICACIÓN DO CANON APROBADO POLA XUNTA. DESDE O BNG DENUNCIAN QUE “ESTE SERVIZO ACUMULA CONTINUOS INCREMENTOS NO CONCELLO, MENTRAS VECIÑOS E VECIÑAS SEGUEN A TER PROBLEMAS DE SUBMINISTRO ESTES DÍAS”.
Barreiros, 14 de agosto de 2012. Os nacionalistas advirten que a auga volverá subir en Barreiros nos vindeiros meses debido á aplicación do canon aprobado pola Xunta e denuncian que “dito servizo acumula continuos incrementos no concello, mentras veciños e veciñas seguen a ter problemas de subministro estes días”. Para o BNG de Barreiros “non é de recibo, como xa manifestou no momento en que o goberno municipal subiu as taxas municipais, que se estean a aplicar continuas subidas do prezo da auga cando o servizo que se presta ten importantes deficiencias. Nestes días, por moito que o alcalde se empeñe en negalo, está habendo problemas de abastecemento de auga nas parroquias costeiras; algo que xa se converteu en habitual nestas datas”.
A portavoz do BNG, Ana Ermida, sinala que “durante o verán, hai veciñas e veciños que, en determinados momentos do día non poden usar a auga das súas billas, porque non sae nin gota por elas. Isto súmase ao xa coñecido, e denunciado polo BNG en numerosas ocasións, problema de embarramento da auga cando chove. Polo tanto, as veciñas e veciños de Barreiros, entre uns e outros problemas, atópanse privados de usar a auga das billas durante grande parte do tempo. E mentras isto acontece, o goberno municipal, en lugar de buscar solucións e de poñer os medios dos que dispón para solucionar estas cuestións, adícase a negar a evidencia e a seguir subindo o prezo dun servizo do que as e os barreirenses non poden disfrutar”.
Desde o BNG advirten que “nos vindeiros meses asistiremos a unha nova suba no prezo da auga, xa que se aplicará o canon da auga aprobado pola Xunta e que incrementará o recibo, como mínimo, en 1,5 euros; que é a cota fixa do canon. Pero este incremento pode ser maior en función do consumo das familias”. Os nacionalistas calculan que pode haber unha subida media do recibo duns 3 euros, “isto sumado ao incremento que se produciu coa suba das taxas municipais, pode chegar a un incremento total do recibo de máis do 70% nos últimos seis meses”.
Ana Ermida engade que “cremos que o lóxico é que si se sube o prezo dun servizo, éste sexa útil e que as veciñas e veciños poidan dispor del. Non é normal que o diñeiro que se recada cos impostos da xente se destine a non se sabe qué e que, neste caso, o servizo da auga sexa igual ou peor que hai vinte anos”. Os nacionalistas insisten en solicitar ao goberno municipal “que poña solución ao problema de abastecemento de auga e que deixe de cargar ás veciñas e aos veciños de impostos para tapar os buratos da súa xestión.” Pídenlle “que execute as obras de mellora de abastecemento de auga co diñeiro que os promotores depositaron para iso e que non destine ese diñeiro para outros fins, porque é moi necesario para mellorar estes servizos. Este é o modelo do Partido Popular: primeiro, nas épocas boas, malgastan o diñeiro de todas e todos e agora, cargan encima das veciñas e veciños os custos da súa mala xestión”.




















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



