Gómez Besteiro: “Non se pode gobernar Galicia sen un proxecto de futuro, e o do PP é un futuro negro”
– O socialista cre que o PP non presentou aínda as listas de Lugo porque “algo pasa aí e ao mellor non teñen o traballo feito”, a pesar da “prepotencia” que amosaron ao dicir que as facían “nunha tarde”
– “Sorpréndeme o PP, que di que vai por un deputado máis; hai que ter un pouco máis de humildade e pensar: e merecimos nestes catro anos un deputado máis?”
– O secretario xeral do PSdeG-PSOE en Lugo asegura que “o PP quere chegar a suprimir o Estado de Benestar”
O secretario xeral do PSdeG-PSOE en Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, incidiu esta mañá na unidade do partido para “trasladarlle á cidadanía que Galicia merece un cambio e que hai unha alternativa real”. Besteiro subliñou que “non se pode gobernar Galicia, nin España, nin Lugo, sen ter un proxecto de futuro, e ese proxecto de futuro, se segue o PP, é un futuro negro”, xa que, asegurou, “o sistema público está claramente ameazado por un partido ao que non lle preocupa, e que ten claro onde quere chegar: a suprimir o Estado de Benestar que se sostén con gran esforzo dos cidadáns”. Destacou asimesmo a “ameaza” sobre as pensións, a ensinanza e a sanidade. “En definitiva, fan que todos vivamos peor”, sinalou.
Por outra banda, Gómez Besteiro opinou tamén sobre o feito de que o Partido Popular aínda non teña presentado a lista de candidatos en Lugo para as autonómicas. “Teñen tanta prepotencia que din ´nunha tarde facemos una lista´. Eu creo que realmente algo pasa aí, se non non tardan tanto. Estamos case a un mes da cita electoral e ao mellor non teñen o traballo feito”, sentenciou o secretario xeral dos socialistas na provincia.
Besteiro ironizou ademais co obxectivo que se marcan os populares de cara á cita electoral: “Sorpréndeme o PP, que di que vai por un diputado máis. Cando un vai un cunha petición así, que é lexitima, hai que ter un pouco máis de humildade e pensar ‘home, e merecimos estes catro anos un deputado máis?’”. Segundo Gómez Besteiro, “a cidadanía vai dicir que o PP non o merece”. O socialista convidou á xente “a facer una reflexión. ¿Que fixo o PP durante estes catro anos, que gran obra, que gran actuación lembran máis aló dos recortes?”. Ademais, aseverou que, moi lonxe do que intentan transmitir desde o Partido Popular, “Feijóo non é un bó xestor porque aí están as cifras para desmentilo: Galicia debe o dobre que hai catro anos”.
Alcoa: “Se houbo unha solución con Zapatero, por que non a hai con Rajoy?”
O secretario xeral dos socialistas en Lugo referiuse tamén á situación de Alcoa no día en que comezaron as mobilizacións polo futuro da factoría, nas que estivo presente o coordinador do PSdeG na Mariña Luguesa, José Ramón Val, en apoio aos traballadores. “Se houbo unha solución con Zapatero, por que non a hai con Rajoy?”, pregúntase Besteiro, quen asegura que se non chegan a unha saída positiva “terán que explicalo”. O socialista lamenta levar “seis meses esperando por unha alternativa” e que agora “traballan ás présas, despois do toque de corneta que lles deron desde Alcoa”. Besteiro lémbralle a Feijóo que ten que “poñer as pilas, porque canto máis tempo pase máis riscos hai de que calquera decisión quebrante o futuro de Alcoa”.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



