O denominado plan de rebacheo non é nada novo, senón que se trata unicamente de tapar baches que se van producinco na rede viaria, pero con cargo ao plan de conservación que con carácter plurianual foi contratado en 2010
A Deputación agocha a súa desidia nas tarefas de conservación da rede viaria presentando un plan xa publicitado en numerosas ocasións
Moitas estradas de titularidade provincial presentan unha situación lamentable, feito moi indicativo da escasa actividade do Servicio de Vías e Obras, no que o máis destacable da súa actuación é exclusivamente tapar baches no firme das estradas.
Este tipo de obras de mantemento eran feitas pola Deputación todos os anos na época estival, ata a chegada do goberno socialista – nacionalista, que dende o 2007 ata agora parece que non se deron conta de que eran necesarias
Lugo, 13-09-2012 – A Deputación Provincial de Lugo agocha a súa desidia nas tarefas de conservación da rede viaria provincial presentando un plan xa publicitado en numerosas ocasións. A portavoz provincial do Partido Popular, Elena Candia, fai estas declaracións en relación ao denominado plan de rebacheo, cuxas actuacións se están acometer dende o departamento que lidera Manuel Martínez, pero que non se trata de “nada novo”, senón que se realizan con cargo ao plan de conservación que con caracter plurianual foi contratado no ano 2010.
A portavoz popular explica que estes acometidos, consistentes en tapar baches e que se van producindo na rede viaria, acometéronse anualmente ata a chegada do PSOE e do BNG ao goberno da Deputación provincial, e que “nos últimos anos o PSOE e o BNG non se deberon dar conta da necesidade destas actuacións”. Agora, dado a escasa actividade da área de Xestión Territorial “adícanse a publicitar estas actuacións como unha novidade”.
Elena Candia asegura que é moi indicativo da inoperancia da Area de Xestión Territorial e en concreto do Servizo de Vías e Obras, que a actuación máis destacable que están a vender é a de “tapar baches nos firmes da estrada”. A popular explica que este acometido levase a cabo agora, dado que o ente provincial non acometeu melloras durante o tempo de vixencia dos contratos de conservacións o que provocou que algunhas calzadas presenten no día de hoxe unha situación lamentable e sendo numerosas as reclamacións postas de manifesto por parte dos veciños.
A portavoz popular tamén explica que resulta moi “chamativo” que agora se publicite abertamente o emprego de rego asfáltico con gravilla, cando o responsable de Vías e Obras, denunciou en numerosas ocasións a pouca idoneidade deste tipo de firme, decantándose pola utilización de aglomerado en quente. Esta nova actitude de Manuel Martinez demostra que “antes tampouco se facían as cousas tan mal”.










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



