Membros da corporación de Burela recibiron os tres alumnos da República Checa que estudarán no IES Monte Castelo durante este trimestre ao abeiro do programa MAC 2012/13. O acto tamén serviu para darlle a benvida a unha auxiliar de conversa chegada desde Bristol, que traballará no centro durante todo este curso.
