Balseiro e Vidal destacaron a boa xestión de Núñez Feijóo e pediron o voto para o candidato que garante o futuro
. Os populares fixeron balance do Goberno de Núñez Feijoo neste Concello da Mariña
. Pediron o voto para un líder responsable, riguroso e responsable
Barreiros, 16-10-2012.- Os candidatos José Manuel Balseiro e Vidal Martínez Sierra interviron esta tarde nun mitin en Barreiros.
Nun abarrotado salón do Restaurante Asador, Balseiro comezou o acto facendo balance da lexislatura neste concello.
“O Goberno de Feijóo non deu as costas a Barreiros. A través do IGAPE, destinou 790.338€ de axudas directas e 314.496€ de préstamos incentivados”- manifestou.
O números tres e nove da candidatura tamén fixeron fincapé no tocante ao emprego. Manifestou Balseiro e Vidal que no tocante a emprego en Barreiros, o Goberno de Núñez Feijóo destinou 77.400€ para acción formativas e para plans de cooperación o executivo galego investiu 606.200€, gracias ao cal se poideron contratar a 107 persoas.
Lembraron os populares que o goberno bipartito perxudicou ao Concello de Barreiros en materia de urbanismo provocando un efecto negativo a nivel emprego e paralización urbanística.
Concluíu o PP destacando a boa xestión de Núñez FEijóo e pedindo o voto para o único líder que garante o futuro.


















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



