ANA MARTÍNEZ AMOSÓUSE MOI SATISFEITA DO TRABALLO REALIZADO EN INTUR, A FEIRA INTERNACIONAL DE TURISMO INTERIOR, QUE ONTE REMATOU EN VALLADOLID. MOITA XENTE SE ACHEGOU AO STAND DE RIBADEO PARA COÑECER MÁIS DE PRETO A VILA.
Ribadeo, 26 de novembro de 2012. A concelleira de Turismo, Ana Martínez, asegura que moita xente se achegou ao stand de Ribadeo en Intur para coñecer máis de preto a vila. A edil subliñou a importancia de acudir a feiras pequenas, de maior proximidade, e nas que o contacto é moi directo co público.
Martínez amosóuse moi satisfeita do traballo realizado ao longo da feira, “de feito durante os dous primeiros días de xornadas técnicas e de traballo houbo algúns empresarios que se achegaron ata Valladolid e estivemos facendo unha serie de contactos e de traballo co apoio ao sector empresarial dende a Delegación de Turismo. Incluso fixemos algún tipo de contacto en talleres de traballo con turoperadores de turismo de Rusia e falamos sobre temas de Ribadeo, de eventos; puidemos ir canalizando todo isto. Co cal no seu conxunto entendo que foi moi positivo, non soamente polo propio stand, que ademais de gustar moito, tivo moita afluencia de público”.
Sobre As Catedrais dixo: “algúns xa coñecían a praia, outros escoitaran falar dela, pero en todo caso a xente buscaba coñecer máis de preto o que é Ribadeo, porque en moitos casos o situaban en Asturias, noutros casos aparte de visitar a praia non coñecían nin sabían que está no propio concello de Ribadeo”.
Para a concelleira de Turismo “estas feiras un pouco máis pequenas, de maior proximidade, nas que o contacto é moi directo cun público próximo, son moi importantes. Por iso este traballo conxunto que fixemos Acisa e o Concello para intentar promocionar a nosa vila, o noso concello, me parece moi importante, me parece unha labor incluso que nalgúns momentos debemos repetila e dende logo entendo que pode ser bastante frutífera para que xente que ao mellor neste tempo entre o verán e a Semana Santa poida tomar como referencia Ribadeo para o seu tempo de vacacións, para unha visita de fin de semana, para algunha que outra ponte que poida xurdir en diferentes comunidades”.
Ana Martínez engadiu que “no tema das feiras sempre hai que ter en conta que ás veces ir en solitario supón un esforzo económico importantísimo. Neste caso ao xuntarse a asociación de comerciantes e o Concello entendo que é unha unión moi importante que nos permitiu estar presentes en Valladolid cun stand dende logo da categoría incluso de comunidades autónoma, porque en fronte mesmo de nós tiñamos a Turgalicia, que presentaba como apertura de costas de toda Galicia a propia praia das Catedrais, aínda que nalgúns momentos non nos teñen en conta para introducirnos neste top ten de Galicia, pero si para incluírnos como referente para que a xente acuda á costa galega”.
A edil nacionalista manifestou que “ir sos ás feiras ás veces é unha complicación pero intentaremos estar en Bilbao, si non pode ser con stand, acudir a mesas de traballo onde poidamos contactar con turoperadores, con axencias de viaxe directas, incluso con xente que organiza viaxes para eventos e incentivos e dende logo para nós é un horizonte próximo”.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



