A Deputación clausura o I Pacto Provincial polo Emprego cunhas xornadas cos mellores especialistas na busca de traballo
– O Salón de Actos da Deputación acolle este xoves a 1ª das catro sesións programadas, na que participará Alfonso Alcántara, o “gurú” que introduciu o “coaching” en España, así coma especialistas en empregos verdes e os responsables técnicos da xestión de fondos comunitarios en España
– O vindeiro luns terá lugar unha nova xornada na Deputación, coincidindo coa entrega dos diplomas ós participantes deste 1º programa provincial de emprego. As xornadas continuarán o martes en Monforte de Lemos e o mércores en Viveiro
– A participación é totalmente gratuíta e aberta a todos os interesados. Para participar, só é necesario inscribirse na páxina web www.deputacionlugo.org
A Deputación ten programada para este xoves unha interesante xornada coa que pon punto e final ó I Pacto Provincial polo Emprego, programa impulsado para fomentar a inserción laboral dos desempregados da provincia, e que puxo a disposición destes formación teórica e práctica nos xacementos de emprego da provincia. Dito programa contou co 80% de finanzamento de fondos procedentes da Unión Europea.
A xeito de clausura deste programa provincial de emprego, o Salón de Actos do Pazo de San Marcos acollerá este xoves tres ponencias, que se celebrarán a partires das 10:00 horas, e nas que reputados profesionais exporán os seus coñecementos enfocados á busca de traballo. Un destes profesionais será o destacado experto Alfonso Alcántara, considerado un auténtico gurú do chamado “coaching” -disciplina nacida co obxectivo de incrementar o rendemento en diferentes ámbitos, tantos profesionais coma persoais-, en España, quen, de feito, está considerado o introdutor desta disciplina no noso país.
Especialista en “coaching 2.0” de profesionais, emprendedores e organizacións, experto en marca persoal e reputación dixital; desenvolvemento profesional, recursos humanos, networking e marketing de contidos, Alcántara abordará interesantes temas coma as diferentes técnicas de motivación de cara á busca de emprego ou as numerosas e variadas oportunidades de traballo e negocio que ofrecen Internet a as redes sociais.
Ademais deste experto, tamén participan na xornada outros profesionais do ámbito das políticas de emprego e da busca de traballo. Especialistas nos chamados “empregos verdes” e os responsables técnicos da xestión de fondos comunitarios en España compartirán cos asistentes os seus coñecementos acerca de interesantes temas coma as axudas europeas do Fondo Social ou sobre as oportunidades laborais que ofrecen os chamados “nichos de emprego”- os empregos verdes, neste caso-.
A programación coa que se pecha definitivamente o I Pacto Provincial polo Emprego, completarase a semana que vén con outras tres xornadas, previstas para o luns, o martes e o mércores. A primeira delas terá novamente coma escenario o Salón de Actos da Deputación, coincidindo co acto de entrega de diplomas acreditativos ós participantes nesta primeira edición do Pacto, e xa o martes e o mércores, será nas localidades de Monforte de Lemos e Viveiro, respectivamente, as que acollerán outras interesantes ponencias e a correspondente entrega de diplomas ós participantes no Pacto.
Como inscribirse
Todos os interesados en asistir a estas xornadas, tan só deberán cumprimentar o formulario que poderán atopar na web www.deputacionlugo.org. Esta programación está dirixida a Axentes de Desenvolvemento Local, técnicos de emprego, participantes do Pacto Provincial polo Emprego, desempregados e público en xeral. A participación é totalmente gratuíta.






















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



